Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
III Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega |
|
COMUNICACIÓNS NO III CONGRESO DE ENSINANTES DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA
A Asociación de Gaiteiros Galegos está a organizar o III Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, que se levará a cabo no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, durante os días 31 de Outubro, 1 e 2 de Novembro.
Toda persoa que queira expoñer algún tema relacionado co ensino da música tradicional poderá escribir unha comunicación e presentala no Congreso.
As normas para a presentación de comunicacións serán as seguintes:
- O prazo de presentación dos resumos das comunicacións será do 1 ao 17 de outubro de 2008. O contido deberá ser enviado co seguinte formato: letra ?Times New Roman?, tamaño 12, interliñado sinxelo. O contido deberá incluírse nunha páxina como máximo (1 cara). Ademais deberán indicarse os datos persoais do autor/es que presenten a comunicación.
- Os autores das comunicacións seleccionadas poderán redactar o traballo in extenso ata o 27 de Outubro. Data límite para que todos poidan ser incluídas na documentación oficial do Congreso.
- A duración das comunicacións non deberá ser superior a 15 minutos de exposición.
- O envío das comunicacións deberá realizarse por correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.com ou por correo ordinario á Rúa Alfonso XIII nº7, oficina 8. 36002 Pontevedra.
www.gaiteirosgalegos.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|