Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XX Xuntanza de Gaiteiros en Fene
O sábado 27 de Setembro de 2008, a partires das 20.00 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional ?Airiños de Fene? celebrará a XX Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organiza tódolos anos dende 1988. Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, realízase unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracteriza por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música.

Este ano a homenaxe vai dedicada ao grupo ?Leilía?.

Leilía e un grupo que se pode considerar case que imprescindible, non so na preservación das esencias da tradición cantada, senón tamén na súa faceta de recolleita, a pé de campo, do repertorio tradicional. Foron as primeiras pandeireteiras ou cantareiras en gravar e tamén en normalizar (no que a recoñecemento, difusión e equiparación co resto da nosa música se refire) esa tradición oral transmitida de xeración en xeración.

Nesta XX Xuntanza de Gaiteiros participarán:

- ?Treixadura Gaiteiros e Orfeón?,
- ?Pradairo?,
- ?Leilía?
- Banda de Gaitas Tradicional ?Airiños de Fene?.


A Xuntanza será presentada por Quico Cadaval

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-09-2008 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0