Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Voltan os Axouxeres |
|
 Comeza a segunda edición do programa dos Axóuxeres, que chega este ano a bebés e familias de 30 vilas e cidades galegas
A iniciativa porase en marcha nesta primeira fin de semana de setembro con festas en Lugo e na Coruña
Músicos e actores da compañía Galitoon ofrecerán un espectáculo dunha hora de duración que convida a facer unha viaxe polos cinco sentidos
As festas, que pretenden incentivar e apoiar a transmisión familiar do galego, deixarán paso a partir do outono aos Encontros dos Axóuxeres, que terán lugar en 25 vilas galegas nun formato reducido
Trinta cidades e vilas de Galicia contaxiaranse da maxia das Festas e dos Encontros dos Axóuxeres a partir desta fin de semana e durante os meses de outono e inverno. A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, presentou hoxe en Santiago a segunda edición desta iniciativa, que ten como finalidade prioritaria fomentar a transmisión da lingua galega no seo da familia e dar así cumprimento a un dos obxectivos recollidos no Plan xeral de normalización da lingua galega.
A Festa dos Axóuxeres é un espectáculo deseñado para que participen nel de xeito activo bebés e cativos e para que os familiares que os teñen ao seu cargo compartan con eles esta experiencia. Seis músicos e sete actores, xunto cun equipo de producción integrado por outras seis persoas, darán vida a este evento, que comeza o vindeiro sábado, 6 de setembro, na cidade de Lugo, e que ao longo deste mes tamén se trasladará á Coruña, Ourense, Vigo e Santiago.
Os asistentes ás citas coa Festa dos Axóuxeres poderán mergullarse nun espectáculo dunha hora de duración que convida a facer unha suxestiva viaxe polos cinco sentidos, con arrolos, cancións, coreografías, xogos, adiviñas e recursos propios das artes escénicas, entre outros moitos medios, adaptados todos eles ás idades do público ao que vai dirixido preferentemente este programa.
As Festas dos Axóuxeres deixarán paso a partir de outubro e durante os meses de outono e inverno aos Encontros dos Axóuxeres que, nun formato reducido e de proximidade, chegarán a 25 vilas galegas.
Boa acollida
A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, lembrou a boa acollida que tivo a primeira edición desta iniciativa, encadrada na campaña Xeración E logo!, coa que a Xunta está a distribuír entre as novas nais materiais para favorecer a transmisión do galego na casa. ?As Festas e os Encontros dos Axóuxeres tiveron unha excelente acollida por parte dos máis pequenos e das familias, e por iso non tivemos dúbida en establecer para este outono unha nova xeira dos Axóuxeres?, sinalou.
Marisol López fixo fincapé en que con este proxecto o que se pretende é ?contribuír a alentar os pais, as nais e os avós a incorporar desde o principio o galego nas relacións cos máis pequenos, cos acabados de nacer, para que a lingua se manteña tamén na casa, no ámbito dos afectos e desde a adquisición das primeiras palabras?.
Baixo carpa
Nas cinco primeiras cidades galegas nas que desembarcará esta iniciativa o espectáculo realizarase baixo carpa, nunha superficie de 500 metros cadrados, e sempre co mesmo horario, ás 12.00 horas. A entrada será de balde. A Festa dos Axóuxeres celebrarase os días 6, 7, 13, 14 e 20 de setembro en Lugo, A Coruña, Ourense, Vigo e Santiago, respectivamente.
En Lugo, a cita será na praza da Horta do Seminario; na Coruña, na explanada do pavillón de Riazor; en Ourense, no parque Barbaña; en Vigo, na praza do Rei; e en Santiago, no miradoiro da Alameda.
A empresa Galitoon Productions encargarase de desenvolver esta iniciativa. A directora artística do espectáculo, Andrea Bayer, explicou que o programa contará coa participación de Elena Paz na presentación, e co músico Xosé Liz, xunto coa actuación, como artista convidado, de Xabier Díaz, entre outros. Ademais, na rolda de prensa desta mañá participou tamén Totó, o boneco creado para este espectáculo, un bebé que está aprendendo as súas primeiras palabras. Toda a información sobre este evento pódese consultar no enderezo www.xunta.es
www.xunta.es
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|