Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Testing O Courel: grande festa da biodiversidade

Testing O Courel: grande festa da biodiversidade no 6 de setembro

Verdegaia, o colectivo S.O.S. Courel e Insectarium Virtual organizan o 6 de setembro unha Xornada Fotográfica Testing no Courel.

Unha xornada de testing consiste en agrupar a un grande número de persoas para que nunha zona establecida tomen o maior número de fotos dixitais. Durante todo o traxecto vanse facendo fotos da flora e a fauna invertebrada (conforman o 80% da biodiversidade). Posteriormente, un grupo formado por máis de 100 expertos categoriza a información, clasifícaa e catalógaa. Mediante esta acción os colectivos organizadores queren reivindicar a protección efectiva dunha das zonas con maior biodiversidade de Europa, gravemente ameazada polo desleixo da administración e a voracidade das empresas mineiras.

Dende a asociación ecoloxista Verdegaia, o colectivo S.O.S. Courel e Insectarium Virtual convidámosvos a participar connosco nesta xornada fotográfica.

A Serra de O Courel é un Espazo Natural Protexido, cuns valores culturais, naturais, xeolóxicos, paisaxísticos e científicos únicos en Europa. Ten como límites naturais o Camiño de Santiago polo Norte, o viciño León polo Leste e o cauce do río Sil polo Sur. Na súa superficie, de aproximadamente 20.000 hectáreas, multitude de ríos descenden dos altos cumios formando uns fermosos vales coas típicas devesas, bosques de vexetación autóctona que acadan no Courel a súa maior expresión.


Desas elevadas montañas descenden numerosos cauces fluviais que dan lugar a variados ecosistemas, entre os que destaca o río Lor, que percorre toda a comarca desde o seu nacemento no Cebreiro até a desembocadura no río Sil, ao seu paso por Augasmestas. Os diversos afluentes do Lor forman, ao seu paso, os típicos vales de O Courel.

Estamos nunha das zonas menos poboadas de Galiza, cunha densidade aproximada de 15 habitantes/Km2, a maior parte dos cais traballan no sector primario. As explotacións forestais e de pizarra son tamén unha importante fonte de ingresos.

Flora. Debido ás condicións climáticas e a estas diferenzas de altura entre cumios e vales atopámonos perante unha das reservas botánica máis importantes de Galiza. Nas beiras dos diversos cauces fluviais, atopamos as devesas, que acadan a súa máxima expresión na Devesa da Rogueira. Castiñeiros, carballos, aciñeiras, teixos, bidueiros, acivros,... Un verdadeiro paraíso para o amante da natureza. De entre todos destacamos o castiñeiro, sempre presente en tódolos nosos percorridos e auténtico recurso para todo.

Fauna. Esta grande cantidade de ecosistemas diferentes que existen no Courel provocan que a diversidade faunística sexa moi ampla. Todos eles teñen o seu sitio no Caurel. Desde as árbores, seremos observados polo bufo real. No ar, desfrutaremos cos maxestuosos voos da águia real e a albela, ademais do miñato e varias especies de tartarañas.


TESTING

Insectarium Virtual quere apoiar este tipo de iniciativas en defensa dos valores ecolóxicos de O Courel fronte ás ameazas da industria mineira pizarreira que se cernen sobre este espazo.

Unha xornada de testing consiste en agrupar a un grande número de persoas para que nunha zona establecida tomen o maior número de fotos dixitais. Durante todo o traxecto vanse facendo fotos da flora e a fauna invertebrada (conforman o 80% da biodiversidade). Posteriormente, un grupo formado por máis de 100 expertos vai categorizar a información e clasificala e catalogala.

A idea é involucrar o maior número de xente na criación dunha base de datos con tódalas especies.

Os grupos dividiranse para cubrir 4 rotas e 3 covas:

1. Devesa da Rogueira. O Courel de influencia Atlántica. Roteiro: Alto do Couto-As Augas-Moreda. Bosques interesantes con teixos (Taxus baccata), acivros (Ilex aquifolium) e capudres (Sorbus aucuparia).

2. Arredores Do Castro de Vilar. O Courel de influencia Mediterránea. Roteiro: Froxán-Vilar-Vilamor. Os soutos de castiñeiros (Castanea sativa). Interesante mostra de coleópteros e formigas.

3. O Río Pequeno.O Caurel intermedio e a actividade humana. Roteiro: Paderne baixando até Seoane. Soutos e reboleiras (Quercus pyrenaica).

4. Val da Moura. De interese xeolóxico (para a parte de espeleoloxía). Formacións pedrosas de interese científico. Xunto coa mostraxe da cova do mesmo nome "Val das Mouras ", na Ferrería Vella


5. As covas (espeleoloxía): "A Cova do Eixe" de Mercurín, a de "Longo de Meo" en Moreda


¿Que farías se unha das zonas consideradas de maior índice de biodiversidade de Europa,
fora arrasada impunemente por un Goberno en conivencia cunha multinacional?
UNETE A NÓS NESTE TESTING FOTOGRÁFICO

porque
GALIZA NON SE VENDE

máis información
www.verdegaia.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-09-2008 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0