Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Avelino Pousa Antelo premio Facer País

Por unha vida dedicada a Galiza
Avelino Pousa Antelo recibe o Premio Ramón Piñeiro 'Facer País'


Fixo país. Por iso mereceu e gañou un Premio que mide precisamente iso: a aposta dunha persoa ou dunha institución por Galiza e polos galegos.

Avelino Pousa Antelo, histórico integrante do Partido Galeguista, o primeiro en distinguir entre "galegos, gallegos e galleguiños", recibiu este mércores o galardón Ramón Piñeiro 'Facer País', convocado pola Asociación Cultural Val de Láncara e que este ano acadou a súa sétima edición.

A entrega permanente ao país como galeguista, docente, cooperativista, escritor, político e animador cultural foi o argumento esgrimido polo xurado para escoller a candidatura de Pousa Antelo entre as 40 presentadas. Un dos membros do xurado, Xurxo Rodríguez Lozano, destacou a aposta de Pousa Antelo por Galicia e polos galegos, así coma a súa confianza no país.

94 anos entregados á terra
Antelo, que vén de cumprir os 94 anos de idade, destacou por enriba de todo pola súa labor como divulgador da cultura galega. Sobreviviu á censura da Guerra Civil e á inhabilitación que con ela lle chegou para exercer como mestre, e conquistou o recoñecemento público para a súa obra e o seu traballo tanto en Galiza coma en América.

O premio fallouse este 27 de xullo, coincidindo co aniversario do pasamento de Ramón Piñeiro, histórico galeguista que lle dá nome e a quen irán dedicadas as Letras Galegas do 2009. En anteriores edicións foron premiados co 'Facer País' Isaac Díaz Pardo, Luís Tosar, Milladoiro, Xosé Manuel Beiras, Xosé Neira Vilas e o diario A Nosa Terra.

www.galiciae.com
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2008 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 claro que si, grande Avelino, os#blgtk08# meus máis sinceros parabéns!!!
Comentario por Xián (02-09-2008 22:32)
2 Ninguén podería poñer reparos a esta designación. Noraboa a Avelino, que ben gañado ten #blgtk08#este merecemento. Aos seus 94 anos, segue a ser un facho de luz que orienta a este país.
Comentario por Fran (05-09-2008 17:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0