Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Nova Galega de Danza |
|
Novo espectáculo de Nova Galega de Danza: "Tradicción", estreo o 12 de setembro na Coruña
Logo de dous espectáculos nos que a NGD sorprendeu ao público cunha nova linguaxe, coreográfica e musical, descoñecida
para el, agora con Tradicción, pretenden sorprender de novo utilizando, desta volta, os elementos que conforman o seu propio
imaxinario colectivo.
A reinterpretación da tradicción é un motivo recurrente ata a saciedade nas propostas artísticas do país, pero por esa mesma razón consideramos un reto reinventar a perspectiva coa que se aborda. Máis aínda cando a nosa experiencia móstranos que eses elementos son os que máis fan aumentar a presión arterial e o pulso cardíaco do espectador.
Para iso é preciso enfocar o traballo dende un punto de vista radical, indo á raíz, á danza prima, evitando ao máximo as perturbacións folkloristas. Posiblemente partindo de aí estaremos máis preto da contemporaneidade.
Terra, percusión, madeira, vento, forza, pobo, movemento, pel, destreza, virtuosismo.
A proposta complétase cun novo deseño escenográfico, rupturista e sorprendente, e coa participación de profesionais doutras
disciplinas artísticas que fan de Tradicción algo máis que un espectáculo de danza e música.
12 setembro
ESTREA NOVA GALEGA DE DANZA "TRADICCIÓN"
TEATRO ROSALIA DE CASTRO A CORUÑA
13 setembro: A CORUÑA
19 setembro: PONTEVEDRA
20 setembro: VIGO
28 setembro: OURENSE
10 outubro: VILAGARCIA DE AROUSA
14 decembro: NARÓN
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|