Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chantada acolle unha mostra sobre a súa famosa muiñeira
Unha das pezas máis coñecidas da nosa música tradicional vive unha homenaxe na súa terra: dende amenizar as verbenas a comezos de século até tons para móbil, a Muiñeira de Chantada é unha icona sonora da nosa idiosincrasia, un himno popular. Agora, o conxunto etnográfico do Muíño da Alameda acolle unha exposición até o 15 de outubro.

A través da mostra, organizada polo colectivo Barcas do Minho, poderemos saber máis sobre as bandas populares ou os músicos tradicionais daquel tempo, situados nun mapa da zona: os gaiteiros de Vilaúxe, Nogueira, Santiago de Arriba, Brigos, Os Barrios, Esperante, Deilás, Erbedeiro e de San Salvador de Búbal.

As orixes da Muiñeira de Chantada nacen da man da banda dos "Ferraias", creada no 1865 polos irmáns Manuel e Antonio Fernández Fiunte, naturais de Outeiro de Mariz, que tiñan este alcume. Foi este último quen fixo, posteriormente, unha adaptación, e transcribiuna a partitura o seu sobriño, e fillo de Manuel, Victoriano Fernández García, que tamén herdou o alias de "Ferraias". Eran unha estirpe de músicos de vento: Manuel tocaba a tuba, Antonio o clarinete, e os fillos de Manuel, Victorino, Teodoro, Casimiro e Indalecio, o clarinete, a trompeta, o bombardino e o trombón, respectivamente. Como conta Roberto Meijide no seu completo blog sobre esta peza, Victorino tiña 15 anos cando, por volta de 1895, colleu papel e tinta para inmortalizar a peza que coñecía de ouvido.

Estreouse no 1916, nas festas da parroquia de San Xoán de Veiga, lindeira de Outeiro de Mariz, con dirección de Manuel Fernández. Sete anos despois, cando Teodoro dirixía a banda, coincidiron nunha actuación na parroquia do Convento cos gaiteiros de Soutelo de Montes. Pediron non un, senón até seis! bises, e os gaiteiros aproveitaron para aprendela, para arranxala e axustala ao seu repertorio. No 1928, gravouse nun disco dos Gaiteiros de Soutelo de Montes, adaptada para gaita polo mestre do grupo, Avelino Cachafeiro. Hoxe, a Muiñeira de Chantada segue a ser a peza que fecha todos os concertos da Banda de Música de Chantada.

Aquí podemos escoitala interpretada polo mestre Ricardo Portela:



www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2008 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0