Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Galiza xa ten o seu kilt |
|
Un vello deseño galego logra a inscrición no rexistro escocés de saias
Achegábase o Festival de Ortigueira e na cabeza do artesán Santiago Bernárdez bulía unha idea: presentar na gran festa do mundo celta un kilt, a saia que visten os homes e identifica aos clans en Escocia, pero propio de Galiza. "Fixen o deseño do tartán, o tecido a cadros, rexistreino e chamei a un amigo escocés para encargar 30 saias. Non sabía como ía resultar a aventura, levei 25 e vendinas todas. Foi un éxito que non me esperaba".
A idea xurdiulle ao seu creador logo de vivir en Irlanda e Escocia
Xa encargou outras 100 saias ao seu provedor escocés. Comercialízaas a 29 euros cada unha. "Non pretendo que substitúa o traxe tradicional galego, senón que se converta nunha peza para os días de festa. E aquí temos moitos días de troula", comenta en Allariz, onde instalou o taller de coiro que rexenta desde fai cinco anos con Mónica, a súa parella.
A ocorrencia non foi repentina. Este deseñador, natural de Cangas do Morrazo, viviu antes de establecerse en Allariz dous anos en Irlanda e cinco en Escocia. "Cando me invitaban a unha festa tiña que alugar un kilt para non desentonar e custaba, se se trataba de épocas como fin de ano, 80 libras".
En Escocia atópase o Tartan World Register, institución que valida, tras un exame rigoroso, o cadro que identifica a unha familia, a unha empresa ou a unha nación. Obter o certificado supón un desembolso de 400 euros. "Conta a porcentaxe das cores e a disposición e distribución dos cadros, que saen dun tear con catro barras, que xa existían fai séculos en Galicia, sobre todo na Ribeira Sacra, como constatou os estudos da británica Anna Champeney". Santiago Bernárdez inscribiu o seu deseño como Tartan Gallaecia/Galician National, que se caracteriza por un 50 % de cor azul cobalto, 40% de azul mariño e 10% de branco. "Elixín o azul cobalto polo escudo galego, o azul mariño polo mar e o branco pola bandeira. Creo que a combinación quedou bastante ben", opina mentres ensina un kilt que deixou en Allariz por tratarse dunha talla pequena. "Mágoa, venderiao tamén".
Algún dos que se achegaban ao seu posto en Ortigueira reclamáronlle un kilt no que predominase a cor vermella, "e respondíalles que só vendía o nacional de Galiza". Cando os clientes interesábanse por que no galego mandaba o azul, topábanse cunha resposta imposible de rebater: "Porque é o que rexistrei eu". No Festival de Ortigueira, Santiago Bernárdez tamén puxo á venda a highland shirt (camisa tradicional) e o sporran (zurrón que se anilla á cintura). "En vista da aceptación, vou encargar tamén as medias, e os ribbons, que son unha especie de ligas que suxeitan as medias á altura do xeonllo, para completar a vestimenta".
O negocio está en cueiros, pero este artesán rezuma optimismo. "Percorremos moitas feiras e festas e neses momentos a xente anímase porque tes ganas de risas e de carallada". Ademais, Internet resulta unha ferramenta imprescindible para chegar desde Allariz a todas partes cun simple clic. Bernárdez rexistrou as webs TendaGaliza.com, TiendaGalicia.com e GalicianShop.com nas que tamén explica a historia do tartán en Galicia e en Europa para proclamar a súa universalidade: "Entendémolo como algo escocés, pero é unha vestimenta universal. Hai rexistrados o tartán nacional de Alemaña, Australia, Holanda..." E agora tamén o de Galiza.
Cando alguén se interesa polo kilt galego, Bernárdez detense un intre co comprador para impartir unha clase de historia resumida e o xeito de vestir esta peza. "Case todo o mundo leva mal a saia. Colócanlla na cadeira e hai que levala na cintura para que quede xusto á altura dos xeonllos".
A pregunta que máis lle formulan é se se loce con calzón debaixo da tea ou sen el. "¡Sen calzón, por favor!", responde. "Só os bailaríns teñen licenza para porse calzóns".
www.elpais.com |
|
|
|
8 Comentario(s) |
|
1 |
MANDA CARALLO,Era xa o que nos faltaba,xa non chegaba cas ghait#blgtk08#as marciais de tres roncos que veña o set completo.ASI NOS VAI |
|
|
Comentario por (31-07-2008 09:57) |
|
|
2 |
Esta claro, o que argallemos nos non
o#blgtk08# fai nin dios, Ay! como andan estas cabeciñas. |
|
|
Comentario por O novo (31-07-2008 10:45) |
|
|
3 |
E, xa postos, porque non poñemos tamén kimono, agora que China está en auxe? Sen esquecernos do bu#blgtk08#rka, prenda tradicional. Voume facer deseñadora de burkas coloridos para vendelos polas festas... |
|
|
Comentario por Araña (31-07-2008 12:03) |
|
|
4 |
O QUE NOS FALTABA...!!!
INFL#blgtk08#UENCIAS ESCOCESAS FORA DA NOSA TERRA...!!! |
|
|
Comentario por Colectivo en Defensa da Gaita (31-07-2008 22:27) |
|
|
5 |
Isto só pode pasar neste pais... dudo que en Escocia ninguén tivese a brilante idea de poñerse unha monteira.
Hai que ser máis serios señores.Con certas cousas non se xoga.
Nós temos na nosa cultura e tradicións un tesouro que xa lles gustaría a moitos pobos do planeta.
Basta xa de contaminacións a#blgtk08#bsurdas que non fan que menosprezar o que é noso de verdade.
Se tanta admiración se ten polas outras culturas do arco celta... aprendede algo delas e fixádevos que son fidéis a sí mesmas sen necesidade de introducir na sua música,nin nos seus instrumentos, nin na súa roupa... nada que sexa alleo a elas.
|
|
|
Comentario por Ferrolterra (01-08-2008 13:46) |
|
|
6 |
"Non pretendo que substitúa o traxe tradicional galego" penso que deixou dabondo explicito que non pretende ser sucedaneo de ningún traxe tradicional. Xa hai moitos anos que nalgunhas festas do País hai xente que viste saias esocesas ao ir de troula, non vexo que ten de colonizador iso. Se isto é colonización xa vos vexo protestando por moitas outras cousas. Outra cousa é que vos guste ou vos deixe de gustar, pero o que fixo Santi é só unha iniciativa comercial lúdica e dabondo desenfadada é a foto de Xurxo Lobato coa Monteira (tamén editada por TendaGaliza.com) e o que lle dixo (en ga#blgtk08#lego) ao xornalista como para ver nisto un menosprezo do noso, ou unha réplica de Foxo & Company.
Se o que falamos, Ferrolterra é de kilts noutros paises celtas, saiba vostede que todos os paises celtas e outros que non son tal, Alemaña, Holanda, Australia etc, teñen unha ou máis dun tartán rexistrado. Iso si, a máis diso teñen candaseu traxe tradicional e non saen tantos a facer lecturas interesadas de colonizacións e outras. O noso colonizador é outro e leva 500 anos con cousas máis serias dende o musical a té na indumentaria, atacando ao pobo galego.
|
|
|
Comentario por Muma (01-08-2008 17:05) |
|
|
7 |
Un apuntamento sobre o das gaitas marciais (mira que é un termo que non me gusta nadiña): non teñen tres roncos, levan o ronco e dúas ronquetas (ou ben ronco, ronqueta e ronquilla) do mesmo lado. Tampouco me gustan, pero non as vexo como algo completamente nocivo.
"E, xa postos, porque non poñemos tamén kimono, agora que China está en auxe?"
Tal vez porque o kimono é a prenda nacional do Xapón? Se se quere facer demagoxia, o mellor é facela ben.
"Sen esquecernos do burka, prenda tradicional. Voume facer deseñadora de burkas coloridos para vendelos polas festas..."
Ben, de momento non temos que aternos ao hiyab aquí na Galiza... en fin, neste momento é no que a mera demagoxia cae na máis burda falta de respecto, e vou parafrasear a Ferrolterra: "Con certas cousas non se xoga."
"!INFLUENCIAS ESCOCESAS FORA DA NOSA TERRA...!!!"
Si, sen dúbida é mellor que os turistas sigan a mercar o boi de lidia e a folclórica. Realmente é o kilt unha influencia escocesa? Pensemos nas estatuas de guerreiros castrexos coa caetra, camisas, torques e... VAIA!! UNHA SAIA!! De feito hai autores, escoceses incluídos que ven a zona galaico-lusitana como unha das posíbeis orixes do kilt.
"Isto só pode pasa#blgtk08#r neste pais... dudo que en Escocia ninguén tivese a brilante idea de poñerse unha monteira."
Podería presentarche varios exemplos de "irrespetuosos" escoceses que non só vestiron a monteira, senón que se puxeron o traxe completo para ir de esmorga.
"Nós temos na nosa cultura e tradicións un tesouro que xa lles gustaría a moitos pobos do planeta."
E o feito de que alguén rexistre un tartán vai poñer en perigo a nosa cultura e tradicións? Vai entrar en conflicto un kilt para saír de esmorga coa nosa cultura de séculos?
Vaia, en ben pouca consideración tedes a integridade e solvencia da cultura galega.
"!Se tanta admiración se ten polas outras culturas do arco celta... aprendede algo delas e fixádevos que son fidéis a sí mesmas sen necesidade de introducir na sua música,nin nos seus instrumentos, nin na súa roupa... "
Vaia, resulta que un dos instrumentos que está a coller máis popularidade nas céili bands na vella Eire é o bouzouki; e de onde é? De Grecia.
E sobre a indumentaria... vaia, teño unha foto bastante vella dun irlandés tocando unha píob mór (algo que de seguro vós chamariades gaita marcial) vestido unha saia deseño de F.J. Biggar de comezos do século XX.
Saúdos. |
|
|
Comentario por píobaire (02-08-2008 00:44) |
|
|
8 |
O VERDADEIRO PROBLEMA; nom é que iste paisano saque quartos por tirar umhas saias escocesas para que a malta vaia de troula (o fin e o cabo, é um jeito #blgtk08#de fazer país).
O PROBLEMA DA GALIZA É ESPANHA e nada mais; isso sim que é colonialismo puro e duro. Deveríamos centrarnos em cousas mais serias. |
|
|
Comentario por Xeol O´Brigantino (17-10-2008 10:25) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|