Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Pola recuperación do festival de Ortigueira |
|
Non é cousa nosa. Os promotores da campaña, amigos da música tradicional, preséntanse baixo o nome de Malmequer, son vigueses e os coñecemos a través de chuza. Pero o certo é que identificámonos coa súa percepción do festival. Do que foi e do que deixou de ser de uns anos para aquí.
Nós opinamos que a deriva tomada polo o festival foi planeada premeditadamente. Fai oito anos se menosprezou un evento cultural con identidade propia porque o seu xénero musical tiña o estigma de minoritario. O festival orixinal non convocaba as multitudes polas que o novo promotor, o recentemente estreado goberno do ex alcalde Campo, querían concitar atención mediática. Así invadiron o piñeiral as carpas dance e se emprendeu unha campaña para modificar a imaxe do evento eliminando os seus aspectos particulares e adoptando iso que se chama ?estilo fusión?, mestizaxe, ou como queira chamarse, co obxectivo de ampliar o espectro de visitantes. Aqueles aspectos que orixinalmente lle conferían identidade quedaron reducidos a anécdota (faldas escocesas na publicidade de Estrella de Galicia, unha moderada presenza de gaitas no deslucido desfile...). Quedámonos co hippismo de atrezzo; a cambio, o Festival de Ortigueira perdeu o Celta (quizais as reminiscencias galeguistas do termo feriron algunha susceptibilidade).
Acadouse o obxectivo, sen reservas: A ofensiva publicitaria, que custaba mais que o propio festival, convocou aqueles dous primeiros anos unha verdadeira marea de xente que aventaba un memorable ?botellonazo?. A publicidade de Estrella, reinando sempre a súa imaxe corporativa sobre a do evento patrocinado, non podía ser mais elocuente: elenco de tribos urbanas unidas polo elemento común dun vaso de cervexa. O resultado nolo retrata Malquemer: ?...atraídos por ser gratis e por poder pasar un fin de semana de drogas, alcol e música dance, xentes que non se achegan a Ortigueira a ver nin un só concerto, enchen a zona de acampada...E non só é iso: agora o sábado do festival, ata se achegan rapaces saídos da ruta do bacalao, que nin sequera están acampados?.
O expresivo cartelón da ponte do FEVE ( Ortigueira para ti) ofertaba o pobo e o seu festival aos visitantes estivais: Como en tantos lugares, o turismo converteuse no obxectivo da organización, e o único beneficio que nos cabería esperar aos residentes. Deixou así de ser un festival para os cidadáns de Ortigueira que non temos un bar, igual que o Xacobeo non é para os santiagueses que non teñen un chiringuito de souvenirs. Pero ao tempo que se achegaba xente allea ao festival, á música non electrónica, e a Ortigueira mesmo, se afastaban os incondicionais do mais reputado acontecemento de folk en Galicia. O número de visitantes descendeu progresivamente nos últimos anos. E gracias, porque evidentemente aquelas multitudes non estaban calculadas para as perfectas dimensións da nosa vila, que obrigada a embutilas, acababa sempre coas consabidas flatulencias (con perdón).
O feito é que o factor cuantitativo xa non pode xustificar ( si é que algunha vez o fixo) a perda de calidade derivada da indefinición e desa falta de caracter que Malquemer denomina ?a maxia? e que caracterizaba antaño esta celebración do folk. A liña emprendida estes anos atrás vense pois de revelar como un fracaso a todos os niveis.
Nós apostamos como estes amigos vigueses afeccionados ao folk por unha volta ao espírito orixinal desta festa, por unha concepción mais modesta si cabe da convocatoria (a efectos de número) pero con calidade e singularidade, que o distinga de tantos outros botellóns estivais, que renuncie á masificación e potencie o goce respectuoso dun entorno privilexiado pero fráxil, que cada ano sufre unha nova e brutal agresión promovida pola mesma administración que se encarga do seu coidado.
Ortigueira Sostible
Artigo de refrencia de Malmequer |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|