Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Nova Escola E-Trad en Vigo |
|
O Concello de Vigo, a través da súa Area de Educación pon en marcha a e-Trad, unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano.
A e-Trad correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
A e-Trad oferta dous tipos de enfoque educativo: o afeccionado e o profesional.
Afeccionado:
O público interesado poderá aprender a interpretación do canto e a música tradicional nun nivel básico.
Profesional:
O actual profesional da música ou futuro profesional vai poder formarse ou complementar a súa formación, tanto nas especialidades instrumentais e vocais como nos marcos teorico-prácticos que envolven a actividade musical. Para o mellor cumprimento desta función, a e-Trad oferta dous niveis diferentes do itinerario profesional, segundo as necesidades do alumnado.
Especialidades instrumentais e vocais:
- Canto popular,
- Violín folk,
- Gaita,
- Percusión,
- Zanfona,
- Requinta,
- Arpa céltica,
- Corda pulsada,
- Acordeón diatónico.
Atenderá a un máximo de 300 alumnos en cursos académicos de outubro a xuño.
Curso 2008 / 2009
Esquema do plan de estudos
*Realizar unha proba de aptitude.
*Optar a un dos seguintes itinerarios:
-Itinerario básico (176 horas / 2 anos)
.Instrumento
.Linguaxe musical
.Conxunto instrumental
-Itinerario profesional:
Nivel 1 "Instrumentista" (480 horas / 3 anos)
.Instrumento e materias específicas
.Materias troncais (comúns)
.Materias optativas .
Nivel 2 "Mestre" (512 horas / 3 anos)
.Instrumento, segundo instrumento
.Instrumento de acompañamento
.Materias troncais (comúns)
.Materias optativas
IMPORTANTE
Os alumnos que superaron as probas de acceso para o curso 2007-2008 e non puideron cursalo pola paralización de Artes e Oficios teñen reservada a praza para o curso 2008-2009, pero deben confirmar dita reserva antes do día 30 de xuño na Secretaría da EMAO.
Consulta a lista de alumnos con reserva de praza de Arpa, Canto popular, Gaita, Percusión, Requinta, Zanfona e Violín folk en www.e-trad.org |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
As dúbidas poden consultarse ao correo da escol#blgtk08#a E-trad de Vigo
e-trad@vigo.org |
|
|
Comentario por Henrique (27-06-2008 14:03) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|