Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Berrogüetto chega a Muxía da man de «Vai de Camiño» |
|
O grupo de música folk Berrogüetto, considerado como un dos mellores de toda a comunidade, actúa este sábado na chaira do porto de Muxía ás dez e media da noite. Chega da man do programa cultural Vai de Camiño, da Xunta.
A agrupación, nacida na década dos noventa, supuxo unha gran revolución dentro do panorama folk grazas ao seu innovador estilo, onde as melodías máis tradicionais recibían unha gran frescura aínda presente en todas as súas actuacións.
Este conxunto ten catro discos no mercado, nos que interpretan melodías tradicionais con contrapuntos máis innovadores
Compaña
No concerto, actuarán tamén os artistas invitados Espido, Lizgairo, Talabarte Trío e Xavier Díaz Grupo. .
www.lavozdegalicia.es |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|