Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A idoneidade dun museo de arte inmaterial en Carballo gaña forza |
|
Os expertos destacan a riqueza, única en Galicia, da música, o baile ou as regueifas de Bergantiños
Carballo, e en xeral a comarca de Bergantiños, posúe un patrimonio inmaterial que está considerado dos máis ricos e fecundos de Galiza, segundo os especialistas. Un deles, o director de Xacarandaina, Henrique Peón, leva case tres décadas investigando en todo o país, pero sobre todo na zona, razón pola que defende que Carballo sería un lugar idóneo para acoller o primeiro museo de arte inmaterial de Galiza, onde mostrar ao público os bailes, as cancións, as regueifas ou os traxes que naceron ou polo menos perviviron na zona durante séculos. A idea lanzouna o pasado domingo nas páxinas de La Voz, e o alcalde carballés, Evencio Ferrero, recolleu a luva.
Ferrero sinalou onte que se trata de algo factible, cuxos custos haberá que avaliar, ademais de valorar todas as posibilidades de levala a cabo. De feito, engadiu que a idea non lle colle por sorpresa, e que ata xa a tratara, de xeito seica informal, con responsables da Consellería de Cultura. Cre que, dado o potencial de Bergantiños neste tema, a idea ha de terse en conta.
Peón abundou onte máis neste tema. Explicou que en Galiza non existen salas que reúnan o conxunto de elementos da tradición oral dun territorio, polo que, de levarse a cabo en Carballo, sería algo pioneiro.
Non entanto, si existen museos que poden tomarse como referencia, por exemplo en Bruxelas, nas que os visitantes acceden a cabinas nas que poden ver ou escoitar determinados instrumentos, unha idea que podería aplicarse ao caso. Daría saída a un vasto patrimonio e, ademais, contribuiría a evitar que se siga perdendo.
Existe, ademais, o aspecto didáctico: «Todos os que en Galiza se adican á música tradicional pasaron por Bergantiños», explica, para furgar nas súas raíces. Son moitos os grupos de certa fama que inclúen temas da zona nos seus discos, «pero eses colleron as pezas do traballo dos investigadores, non foron eles directamente. Peón Mosteiro cita algúns exemplos de singularidade, «como o baile de divertimento máis antigo de Galiza, a Ribeirana» , como moi abundante e practicamente específico desta comarca, pero tamén determinados maneos (xotas), máis habituais nas proximidades da costa, ou as punteadas (determinas muiñeiras) moi concretas e de gran valor cultural.
«Impacto»
Botando a vista atrás, Peón lembra o «impacto» que lle causou, fai xa case 30 anos, acampar en Baldaio, desprazarse ata Baldaio e atoparse cun grupo de pandereteiras e cantareiras interpretando pezas dun modo «que non se vía por aí adiante». Este músico, bailarín e coreógrafo cre que estas prácticas sobreviviron mellor na Costa da Morte que noutras zonas.
Raúl Galego García, veterano e premiado gaiteiro de Agolada-Pontevedra, profesor de música, conferenciante, autor de numerosas gravacións e bo coñecedor da música e as cancións de Bergantiños (foi premiado por Argazo e San Cristovo dedicoulle un Día do Gaiteiro), coincide en que esta comarca atesoura unha riqueza de gran valor cultural, aínda que lamenta que non se soubo realizar unha transición entre o que era común fai décadas (as xuntanzas e encontros populares eran comúns) e o que se conserva na actualidade. «Non houbo transmisión desa maneira de entender a tradición, o que queda é a exhibición».
Unha das causas, apunta, «é que antes a xente non lle daba importancia». Por todo iso, considera que a idea de crear un museo do patrimonio inmaterial é adecuada. Peón, doutra banda, brinda todo o seu apoio se finalmente leva a cabo.
www.lavozdegalicia.es |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|