Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Bellón e Maceiras debutan con formación de quinteto |
|
O gaiteiro Daniel Bellón e o acordeonista Diego Maceiras comezaron a súa andaina como dúo cun traballo discográfico chamado Unión das terras, co que foron actuando por diversos festivais e locais de toda Galiza.
Ao seren os gañadores do concurso Runas para grupos noveis, celebrado no festival de Ortigueira, tiveron a posibilidade de actuar no escenario principal dese evento e alí decidiron contar con convidados para que o palco non se fixese demasiado grande só para dous músicos. Ese foi o xermolo para a nova aventura musical que encetan os músicos co Bellón-Maceiras Quinteto, que realizará unha das súas primeiras actuacións no escenario do Pub Dublín coruñés este mércores ás dez e media da noite, con entrada de balde para os interesados en escoitalos.
www.laopinioncoruna.es |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|