Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Alalá |
|
O Alalá do luns 26 de xuño vai facer unha viaxe no tempo da mellor forma posible: indo de romaría a Vilanova dos Infantes. Alí os veciños ceden os baixos das súas casas para que se instalen artesáns que veñen de toda Galicia amosar o seu saber tradicional. Así que se queredes aprender oficios, bailar, cantar ou comer como facían os nosos avós este é o lugar; o único requisito é ir con ganas de divertirse e de aprender un pouco máis sobre nós mesmos.
A Romaría Raigame só se celebra unha vez ao ano; o 17 de Maio, Día das Letras Galegas. Detrás deste mundo de músicos e artesáns está o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo de Ourense. Deles partiu a idea e a materialización, porque levan máis de 30 anos a recoller e espallar todo o saber da nosa cultura popular con publicacións como a prestixiosa revista etnográfica Raigame, pero tamén difunden a través de obradoiros e clases de pandeireta ou baile, actividades onde os que destacan pasan a formar parte do prestixioso grupo Castro Floxo. Así que neste programa témolo todo: os artesáns, a romaría e os amigos de Castro Floxo, un luxo.
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Non é un gran día para ver o programa porque é a noite de San Xoan, pero se non o vedes hoxe recom#blgtk08#endovos que o descarguedes de internet porque realmente merece a pena.
Unha aperta. |
|
|
Comentario por Alexandre (23-06-2008 17:52) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|