Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Novo proxecto escénico con Mercedes e Henrique Peón |
|
O Centro Coreográfico Galego presenta Kiosco das almas perdidas, produción da temporada 07/08 dirixida polo coreógrafo Roberto Oliván, unha peza que combina diferentes disciplinas artísticas, fusionadas polo movemento coreográfico, produto da residencia do coreógrafo en Galiza durante tres meses.
Kiosko? está coproducido con Laboral Escena, de Xixón, e estará en xira entre marzo e xullo de 2008.
Roberto Oliván contará coa colaboración de dez bailaríns e cinco artistas convidados:
músicos, performers, etc. A filosofía do proxecto é a de enriquecelo ao máximo buscando a colaboración con diferentes artistas do noso territorio. Así, Oliván reuniuse con artistas plásticos, arquitectos, iluminadores, figurinistas, poetas, músicos e outros persoeiros da cultura galega, ao tempo que realizaba un percorrido por algúns espazos xeográficos e culturais senlleiros no noso país.
Kiosko? terá música da cantante e gaiteira Mercedes Peón, quen leva moito tempo investigando na nosa herdanza oral e colleitando éxito internacional no eido da world music. Peón estará en directo nas funcións da xira de Kiosco das almas perdidas.
A asistencia para maxia e os audiovisuais serán responsabilidade do popular ilusionista galego Mago Antón e do colectivo asturiano Fiumfoto, respectivamente.
Ficha artística
Dirección: Roberto Oliván
Dramaturxia: Roberto Magro ?Tober?
Espazo sonoro: Mercedes Peón
Vestiario: Ruth D. Pereira
Espazo escénico: Roberto Oliván
Asesoría máxica: Mago Antón
Creación audiovisual: Fiumfoto
Iluminación: Baltasar Patiño
Bailaríns: Alexis Fernández Ferrera, Hannah Shakti Buhler, Gabriela Mathé, Kirenia Martínez Acosta, Nuria Sotelo Rodríguez, Ana Beatriz Pérez Enríquez, Lenka Bartunkova, Álvaro Esteban López, Jordi Vilaseca Lorite, Anna Calsina Forrellad, Natxo Montero Matia, Henrique Peón. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|