Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Roteiro polas mámoas de Candeán (Vigo) |
|
 A terceira proposta do programa "Camiña e coñece" percorrerá este domingo as mámoas de Candeán
O roteiro polas mámoas de Candeán é o percorrido elixido para desenvolver o vindeiro domingo, 11 de novembro, a terceira proposta do programa "Camiña e coñece".
O obxectivo desta iniciativa radica en "dar a coñecer o patrimonio cultural e natural da cidade á vez que fomentar os hábitos saudábeis".
Nesta ocasión o percorrido terá unha duración aproximada de tres horas, durante as cales os participantes serán guiados por tres expertos, como son Xoán Colazo, comuneiro da Comunidade de Montes de Candeán; Santiago Vázquez, arqueólogo que dende 2006 dirixe as intervencións arquelóxicas das mámoas de Candeán; e Elisa Pereira, arqueóloga que tamén ten participado nas distintas excavacións levadas a cabo na zona.
O percorrido comezará ás 10.30 horas na Unión Veciñal de Candeán (rúa Devesa, 25), seguirá polos campos de fútbol da Madroa e rematará, aproximadamente, ás 13.30 horas no parque forestal do Vixiador.
En total, visitaranse doce mámoas, dúas delas restauradas, e unha na que se completou o proceso de excavación, así como o contorno natural no que están situadas. Ao remate do percorrido, no parque forestal do Vixiador, os participantes disporán de dous autobuses para facilitar o retorno ao punto de orixe na Unión Veciñal de Candeán.
O programa de "Camiña e coñece" para 2007 iniciouse en xuño cun percorrido polo Casco Vello e o Ensanche, e continuou en setembro pola senda do Lagares. A participación é libre, gratuíta e aberta a persoas de todas as idades.
A única recomendación a ter en conta é o emprego de roupa e calzado cómodos "acordes co tempo".
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|