Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Urxente: Salvar o Conservatorio Folc de Vigo
Malos tempos para o folc...

Se hai problemas para escomezar o curso do Conservatorio Folque de Lalín...buscase nova localización...problemas hai no Conservatorio Folc da Escola de Artes e Oficios de Vigo.

Unha Escola de onde sairon gaiteros como Carlos Nuñez, Anxo Pintos ou proxectos como a Banda de Gaitas Xarabal ou a Orquestra Folc Sondeseu, con Mestres como Rodrigo Romani (Milladoiro), o propio Anxo Pintos (Berroguetto), Xaquín Xesteira (Treixadura) ou Chisco (O Fiadeiro), entre outros, corre risco de desaparición.

Este luns 1 de outubro haberá unha concentración diante do Edificio da Escola de Artes e Oficios ás 19:00 por parte dos alumnos para reclamar unha continuidade deste Conservatorio Folc que tanto prestixio ten dado á cidade de Vigo.

Os que poidan achegarse, que acudan para salvar unha Escola de cultura viva galega.

Luns 1 de outubro ás 19:00 na rúa Garcia Barbón nº 5 de Vigo
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 30-09-2007 03:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Xa vai sendo hora de que o Concello tome en serio este Conservatorio, que é o único de tales características no noso país. Xa hai tempo que terían que ter creado unha plantilla estable de profesorado, e non con contratos por curso. Con#blgtk08#tan co mellor profesorado que poderían ter, con gran demanda, cunha orquesta folque do mellorciño que hai... E logo queixaranse de que Vigo está discriminado!!! Pois este tema está só nas mans do Concello, que agardan para solucionalo?
Comentario por Ana (01-10-2007 09:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0