Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Cursos de Retrouso en Cela (Bueu) |
|
 A Asociación Cultural Retrouso recibe con importantes novidades o novo curso 2007-2008. A partir de outubro, novos profesores de prestixio recoñecido toman as rendas das aulas de perfeccionamento do colectivo.
Guillerme Ignacio, cantador e gaiteiro de Quempallou e d'O Tear de Llerena, impartirá pandeireta e canto tradicional en Cela os mércores en dúas quendas: ás 19.30 h e ás 21.00 h, segundo o nivel do alumnado.
Alberto Costas,respectado percusionista, colaborador dos mellores gaiteiros solistasactuais, dará clases de iniciación e perfeccionamento de percusión os xoves, ás 20.30 horas.
Cristóbal Prieto, gaiteiro e artesán do Hío, coa vida centrada na gaita desde hai anos, ensinará a tocar o instrumento os sábados desde as 11 horas da mañá.
Teresa Pedrouso, curtida no ensino de acordeón en conservatorio, emprende o obxectivo de crear un grupo de acordeonistas ligados ao repertorio tradicional. Será os martes ás 18 horas, con aulas de hora e media. Antes, ás 17 horas, ofrecerá, separadamente, formación de linguaxe musical.
A estrutura de baile mantense, con escolas de base nas parroquias de Ardán, Beluso e Cela e Margarita Pérez, fundadora de Andarela, como directora artística. Tamén a do coro, que seguirá ensaiando os luns ás 21 horas, baixo a batuta de Carme Pereira.
Todas as actividades musicais se realizarán no salón de actos do Centro Sociocultural de Cela, en Bueu. A medio camiño entre Bueu e Marín e a un cuarto de hora de Cangas e Moaña (por Paradela): no centro do Morrazo!
|
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
Unha mágoa que non me queden nada preto esas aulas, polo que teño visto eses pr#blgtk08#ofesores de pandeireta seguro que son do mellor. Saúdos a Retrouso dende Barro. |
|
|
Comentario por o monteira brava (26-09-2007 14:49) |
|
|
2 |
Eses retrouseiros!!a ver cando cadramos todos, que sempre é un pracer atoparmos todos xuntos nalgunha troula...algun concert#blgtk08#o de Quempallou prontiño, nonsi? pois vémonos nesa, a ver...
bico (especial para Lore, Tania, Ru e Guillerme)
|
|
|
Comentario por Aniña de Marin (26-09-2007 14:55) |
|
|
3 |
moitas grazas polo cumprido, o monteira brava! é certo que che queda algho a desmán, pero podes pasar calquera día que che apateza da unha voltiña, que has ser moi ben recibido!
Aniña... #blgtk08#a ver, a ver. penso que Quempallou ten previsto un concerto no salasón (Cangas) para dentro de non moito ou, na homenaxe ao gaiteiro... a ver cando cadramos. un bicaso! e os teus bicos serán dados, XD. |
|
|
Comentario por ruben (27-09-2007 11:33) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|