¡¡¡XA NOS TARDABA!!!
(Ou de como uns rapaces volveron xuntar a Lamatumbá)
Dende que gardamos os tarecos, alá polo 2011, moitas foron as veces que escoitamos aquilo de : "había que ir volvendo, ou?". Mesmo algunha oferta gorentosa asomou, e máis dunha vez, entre chupito e chupito, despois dun churrasco (como debe ser), algún soltou aquela de:"pois molaba facermos un veraniño", simplesmete por matar o bicho, e conxurarmos un pouco a saudade daqueles anos.
E tiveron que ser uns rapaces que nin sequera naceran naquel 2011 os que prenderan a mecha, cando lles dixeron aos seus pais a música que querían que soase na película na que estaban a traballar: a que levaban escoitando dende cativos no coche familiar: Lamatumbá.
Unha cousa levou a outra, uns plans que a pandemia trastocou levaron a outros, e, cando nos decatamos, estabamos outra vez engrasando a "malladora", como aquela vez nos bautizara Xurxo Souto.
Pero esta xuntanza de vellos amigos non estaría completa sen vós, sen toda a xente que estivestes con nós todos eses anos, e sen toda a que, dende aquel 2011, seguiu escoitando a Lamatumbá, botando de menos os concertos, ou simplesmente quedou coa curiosidade de como sería ver a aqueles que seica tanta festa montaban.
Primeiras datas_
- Festival Trece Roeis (Ferreira de Pantón)
- Festival Revenidas (Vilaxoán)
...
Así que…
¡¡¡Estás convidado, my friend!!!
¡¡¡Estás convidada, meu ben!!!.