Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Recuperación da Danza de damas e ghaláns do entruido en Nerga (Cangas) |
|
 Veciños do lugar recuperan este domingo o "Baile de damas e ghaláns do entruido
O lugar de Nerga acollerá este domingo aos seus gaiteiros de entroido, con bailes tradicionais interpretados por parellas de “damas e ghaláns”. Así, recupérase unha tradición perdida hai 71 anos. Para devolvelo á vida foi fundamental o ensaio publicado polo músico e investigador Guillerme Ignacio.
Este domingo a aldea de Nerga, na parroquia canguesa do Hío, vivirá un inicio de entroido moi especial. E é que as "damas e ghaláns" volverán bailar no Xogo da Bóla para dar a benvida ao "Entruido de Nergha" e aos gaiteiros da veciñanza que se encargarán de poñer música durante os próximos tres días. Trátase da recuperación dunha tradición de baile de entroido, "irmá dos de Darbo, Meira e Cobres" que levaba 71 anos sen celebrar.
A recuperación partiu da organización do entroido de Nerga este ano, co asesoramento dos músicos e investigadores Guillerme Ignacio e Manolo Cobas. O primeiro é o autor dun libro titulado “Damas e ghaláns no entruido de Nergha. Unha danza de entroido no Morrazo”, que se publicou a pasada primavera e que rescata a memoria desta tradición.
Desde principios de ano, varios veciños da vila comezaron a ensaiar as dúas pezas que bailarán e os traxes históricos, con mantóns e predominio do branco, conseguíronse grazas á colaboración de Lembranzas da Ría.
“Históricamente, ese baile facíase tanto o domingo como o martes. Todas as parellas están formadas por veciños de Nerga”, explica o investigador Guillerme Ignacio. O baile deste domingo será ás 17.00 horas no Xogo da Bóla e podería converterse nunha tradición recuperada tan exitosa como a de Meira.
Para saber como era a tradición é imprescindible un vídeo que gravara o intelectual galeguista Antón Beiras en 1951. “Aínda que non collín os protagonistas e os seus traxes, temos que recrealos acudindo ás lembranzas das testemuñas”.
www.farodevigo.es
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|