Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Nova edición de A voltas co baile (Compostela) |
|
Benqueridos e benqueridas amigas.
Queremos convidarvos á VI edición de "A voltas co baile" que realizaremos no sábado 29 de abril, día Internacional da Danza.
Nesta ocasión, co gallo do 40 aniversario do Museo, queremos celebrar o cometido que a entidade asumiu e exerce desde a súa fundación: recompilar, salvagardar e devolver á sociedade o patrimonio cultural que a súa colección alberga. Por este motivo, o programa desta xornada estará dedicado aos 40 anos de recompilación do baile tradicional, pondo o foco de atención naquelas persoas e agrupacións que se envolveron na busca, recompilación, salvagarda e divulgación desta parte importante do noso patrimonio inmaterial.
Xunto con Carolina Hernández, Mercedes Peón e Luís Prego, tentaremos afondar sobre as motivacións e dificultades nestas catro décadas de recollas, sobre o proceso de recompilación, a evolución do traballo de campo ou sobre como ese material foi e é devolto á sociedade do que parte.
A actividade é de balde e está dirixida a persoas adultas. As partes teóricas son de acceso libre, mentres que as prácticas requiren coñecementos en baile tradicional e inscrición previa en deac@museodopobo.gal ou no 981 583 620.
Descarga o programa da xornada.
Un afectuoso saúdo. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|