Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XVII Concurso de música tradicional Xiradela (Arteixo)
XVII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL
GRUPOS DE PANDERETEIRAS

BASES
1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.

2. Constará dunha modalidade: grupos de pandereteiras.

3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.
Ademais, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría.
A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. Os participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.

6. Os premios serán os seguintes:
PANDERETEIRAS:
CATEGORÍA A e B: 1º premio: Trofeo e 200 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.
Premio ao mellor vestiario en cada categoría
CATEGORÍA C e D: 1º premio: Trofeo e 250 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.
Premio ao mellor vestiario en cada categoría.

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase o dito tempo quedará descualificado.

8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:
- A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
- A dificultade da mesma.
- A afinación e a interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 10 de Abril de 2016 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.

10. A folla de inscrición deberá chegar debidamente cumprimentada ao seguinte correo electrónico:
xiradela@yahoo.es, sen que sexa posible outro xeito de inscrición.
O prazo de inscrición remata o xoves 31 de marzo.

11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables.
12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Asemade, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben a requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou
non presentalo quedará descualificado.

13. Unha vez rematada a actuación de todos os participantes e a avaliación do Xurado daranse a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados o día 10 de Abril de 2016.

14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos:
Tlf. Móbil: 676 233 748 (mañá) / 646 875 953 (tarde)
Correo electrónico: xiradela@yahoo.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-02-2016 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0