Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A voltas co baile (Compostela) |
|
Este sábado 12 de setembro o Museo celebra unha nova edición desta xornada formativa para tratar a orixe, evolución e variantes dos bailes tradicionais. A muiñeira, definida como o xenuíno baile galego vai ser a protagonista nunha actividade que ten todas as prazas cubertas desde os primeiros días de abrirse a inscrición.
A boísima acollida de todas as edicións de ?A voltas co Baile? reflicte o interese que este tipo de xornadas formativas, onde se unen a práctica e o coñecemento teórico, son necesarias para a posta en valor e a difusión deste elemento do noso patrimonio inmaterial.
O Cancioneiro Musical de Galicia do musicólogo Casto Sampedro y Folgar recompilou por primeira vez a comezos do S.XX os bailes da nosa terra. Nel describiu a muiñeira e algúns bailes que definiu como as súas variantes. Na actualidade moitos deste bailes non teñen informantes e pouco máis sabemos sobre a súa orixe, desaparición ou adaptación. Desde comezos destes estudos etnográficos, moitas persoas trataron a muiñeira como o baile xenuíno e propio de Galicia sen preguntarse pola existencia doutros bailes similares en Europa ou noutros continentes. Existiron algunha vez as variantes da muiñeira? Seguen a existir? Hai ?muiñeiras? noutros lugares do mundo? Estas e máis cuestións serán abordadas nesta xornada formativa arredor do noso baile máis popular.
Durante todo o día as e os participantes que xa teñen praza confirmada, poderán acompañarnos de forma teórica falando sobre o baile social en Europa, sobre as diferentes maneiras de bailar en Galicia e os bailes doutras partes do mundo que comparten o ritmo coa muiñeira. A parte práctica da xornada centrarase na aprendizaxe de pasos de muiñeiras de distintas zonas galegas así como dalgunhas das súas variantes, por exemplo a carballesa.
Este ano a xornada estará dirixida por Luís Prego, docente de música e baile tradicional, recompilador e estudoso do folclore así como músico profesional no grupo Ardentía e editor de varios libros sobre folclore musical.
O curso forma parte das actividades ao abeiro do convenio de colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|