Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Musica tradicional e mulleres (Lugo) |
|
Música tradicional e mulleres, na II sesión do ciclo documental ?A nosa terra, a nosa cultura?
Hoxe martes 16 de xuño, ADEGA proxectará no Museo Provincial de Lugo ás 20.00 horas o documental ?Por que non cantades todas? de Trespés Sociedade Cooperativa Galega e dirixido por Diana Toucedo Crespo. Posteriormente haberá unha charla coloquio con Alberte Román, técnico de Trespés Sociedade Cooperativa Galega e Branca Villares, ensinante de música tradicional.
ADEGA promove este ciclo por terceiro ano consecutivo dentro da campaña ?Ponte no medio. Móvete polo Territorio?. Trátase dun cine-fórum no que se expoñen traballos audiovisuais galegos que dificilmente poden ser vistos nas canles habituais e que teñen que ver co noso patrimonio natural ou cultural máis próximo.
As diferentes sesións do ciclo permiten á cidadanía intercambiar reflexións e experiencias cos autores dos diferentes traballos documentais e expertos dos diversos eidos sobre os que versan estas obras, creando deste xeito, un espezo de análise e debate do que extraer conclusións e novas vías de acción, de dinamización do rural e de defensa da nosa cultura e territorio.
II Sesión: Música e tradición oral
Nesta segunda sesión do ciclo documental a obra a proxectar será: ?Por que non cantades todas? de Diana Toucedo Crespo.
Sinopse: Documental que amosa a un grupo de mulleres da aldea de Zobra na Serra do Candán a súa relación coa música no transcurso das súas vidas. A música como memoria, experiencia e convivencia.
Charla-Coloquio
Tras a proxección audiovisual haberá unha charla coloquio entre o público e os autores do documental, ademais da persoa convidada como experta, que neste caso se trata da ensinante de música e baile tradicional, Branca Villares Naveira.
Por tanto, nesta segunda sesión intervirán:
Alberte Román, Técnico de Trespés Sociedade Cooperativa Galega.
Branca Villares, Ensinante de música tradicional.
Este Ciclo Documental conta co apoio e patrocinio da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|