Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IV Serán da Capela (Xil-Meaño)
A Asoc. Cult. PENAGUDA de Dena (Meaño) ten o pracer de convidarvos ó IV Serán da Capela. Para a ocasión o sitio elixido é o de estes últimos anos: a acolledora praza da Capela das Angustias en Xil (Meaño).

Animamos a toda a xente que queira achegarse a botarlle unhas pezas e uns bailes.

O serán será a partir das 21:30. Trae o teu instrumento e únete á festa!!
Haberá chocolate quente e rosca de balde para os asistentes!!

Como Chegar: (do punto A: AP9 ao punto B: Capela das Angustias)

Na AP9 toma a saída 119 para incorporarte á Autovía de Salnés/AG-41 en dirección Cambados/Sanxenxo/O Grove
Unha vez na Autovia do Salnes, toma a saída 15 Dena/Meaño
Unha vez na rotonda que hai na saída so tes que guiarte polos carteis de señalización postos para o serán (carteis laranxas).

Seguindo o enlace de arriba non tendes perda ningunha!

Parafraseando ó presidente da asociación: ?Como di un vello dito (e se non é así, meu avó sí que o dicía): non hai solto sen agharrado nin xota sen muiñeira, asique... lume no baile! E que rule o licor café!...?
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-06-2015 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0