Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
II Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo' |
|
 Poderanse inscribir nesta segunda edición do certame todas as persoas que o desexen, incluso as que participaron o ano pasado. Os únicos requisitos son que non teñan ningún material sonoro editado e que as cancións que presenten a concurso sexan inéditas e en galego.
Un EP ?xunto co deseño do mesmo?, concertos e promoción destes, así como un ano de cota de socio/a de Músicos ao Vivo son algún dos premios que poderá recibir a persoa gañadora desta segunda edición do Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo'. Tamén haberá novidades nos accésits da gala final, entre outras.
O Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo' está organizado polo municipio teense e conta tamén co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Gadisa.
O prazo de inscrición que continuará aberto ata o vindeiro 29 de marzo.
As bases poden consultarse na web www.concellodeteo.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|