Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Obradoiro de Construción de Palletas e Pallóns (Pantón) |
|
O vindeiro 28 de febreiro a Asociación de Gaiteiros Galegos a través da Tradescola, organizará unha nova edición do Obradoiro de Construción de Palletas e Pallóns.
Este obradoiro, que impartirá o artesán Pontés Xaime Pena, e que terá lugar na Casa da Cultura do Concello de Pantón, é imprescindible para todas aquelas persoas amantes da música tradicional e particularmente para os alumnos que se están formando na aprendizaxe da gaita, xa que nesta xornada, poderanse adquirir unhas nocións básicas sobre a construción e a manipulación de palletas e pallóns, as peculiaridades dos materiais cos que se realizan, o trato que se lles debe dar, etc...
A Asociación de Gaiteiros Galegos, a través deste curso pretende facer fincapé no coñecemento das palletas e pallóns e a estreita relación que esta actividade ten coa interpretación do instrumento. Pretendemos que este curso sirva de ferramenta para iniciar aos asistentes nun tema que é fundamental para a perpetuación dun dos instrumentos máis emblemáticos da nosa cultura.
Datos do obradoiro:
Data: 28 de febreiro 2015
Lugar: Casa da Cultura do Concello de Pantón (Lugo)
Horario: de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.
Inscricións: No tlf: 982229966 ou no correo electrónico tradescola@gaiteirosgalegos.comEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Prezo: 20 ? (Socios da AGG/ alumnos Tradescola)
25 ? Público xeral.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|