Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Fiadeiro presenta disco en Vigo
Venres 30 de xaneiro de 2015 no Auditorio Milladoiro ás 20h

O grupo de música O Fiadeiro, presentará na ETRAD a súa última publicación "A viaxe de José do Campo".
Un conto orixinal creado por Xavier Balsas e Rafa Crespo en formato libro/CD, para disfrutar toda a familia.

O disco inclúe 15 pistas de audio que fan referencia a esta fabulosa viaxe do noso querido protagonista José, un rapaz do Courel que, motivado polo seu afán de coñecer novas músicas, decide improvisar a súa propia viaxe.
Todas as músicas que aquí se recollen, son interpretadas polo grupo de música de O Fiadeiro, así como a narración do propio conto, na última pista do CD.

Para os docentes, mestres,... inclúense as partituras dos temas, letras das cantigas e diversas actividades para poder traballalos e disfrutalos no aula.
O libro está Ilustrado por: Xacobe Bobillo e colaboran na súa edición: O Fiadeiro, Ton e Son Editorial, ChisPún! Estudio e Inquedanzas sonoras.

Entrada libre ata completar aforamento
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-01-2015 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0