Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso de Percusión Tradicional en Ponteareas |
|
 Curso de Percusión Tradicional
Imparte: Ramón Corral Blanco
Horario: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 (8 horas)
Prezo: 25 euros
Lugar: Auditorio Municipal de Ponteareas
Para inscrición: sadeopandereteiras@gmail.com
692 892 206
Data límite de inscrición: 25 de Xaneiro ás 00:00 horas.
* Este curso está orientado a persoas con nivel medio/alto relacionadas coa música tradicional. Todo aquel/a que asistise ó curso deberá levar tambor/bombo, ou ambos se tivera.
* Dispoñemos de BONO AGASALLO, para tod@s
os que queirades ter un detalle con alguén).
RAMÓN CORRAL BLANCO
Ramón Corral Blanco nace en Ortigueira (A Coruña) en 1989. Comeza a súa formación en percusión na banda de gaitas Xarabal á corta idade de sete anos.
Como integrante da devandita banda acode a importantes festivais por toda a xeografía peninsular e mesmo Francia. Participa no Festival Celta de Ortigueira, e no Festival Intercéltico de Lorient, nos que intervén como solista en diversos instrumentos de percusión.
No ano 2002 funda o cuarteto tradicional Anacos de Buxo, do que forma parte, e co que grava o disco ?Sempervirente?, presentado na RTVG e en festivais, como o de Toxos e Xestas en Barcelona. Este cuarteto consegue numerosos premios en concursos de música tradicional.
Gañadores dos Concursos de Cuartetos de Ponteareas, o de Manuel Texo de Vedra, o de Musica Tradicional de Ortigueira, entre outros. Permanece no citado grupo ata o ano 2009. Membro durante tres anos do cuarteto Rédea Solta, co que gaña durante dous anos consecutivos o concurso de Ponteareas, amais de obter outros premios noutros certames.
Como percusionista ten acompañado a gaiteiros de recoñecido prestixio, entre eles, Pedro Álvarez Fariñas, Pablo Devigo, Xurxo Fernández, Oscar Ibáñez? cos que tamén acada numerosos premios en varios concursos como: Gaiteiros solistas de Soutelo de Montes, Concurso Manuel Villanueva, ou no Concurso Manuel Dopazo?
Así mesmo, durante o ano 2010 é compoñente do grupo Pelepau. Dende o ano 2009 vén desenvolvendo o labor de artesán de gaitas na sé do Obradoiro Antón Corral.
Amais da súa tarefa artesanal, dende o ano 2011 ata o ano 2013 participa como profesor de percusión na banda de gaitas San Xoán do Centro Cultural de Paramos, e dirixe na mesma Asociación a formación musical do grupo de baile San Xoán.
Na actualidade:
- Colaborador de percusión na Banda de Gaitas Xarabal de Vigo
Para inscrición, consulta ou dúbida contactade con nós:
sadeopandereteiras@gmail.com
692 892 206 |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|