Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Festival Rabafolc (Rábade) |
|
O Rabafolc cumpre 20 anos dando a saída ás festas de Rábade coa música tradicional galega
Os Minhotos presentan o seu disco 'Pinga d'auga' no Rabafolc.
Este ano o xoves 14 de agosto Rábade acollerá os concertos de Os Minhotos e Treixadura despois do pregón de Armando Morales a partir das nove do serán.
O Festival de Música Folc de Rábade cumpre 20 anos. Iniciado no ano 1979, coincidindo coa fundación da Asociación Cultural Chaira, coas actuacións de Adalberto Zurdo e a Asociación Cultural Penas de Rodas, este ano contará coa música dos Minhotos e Treixadura e o seu Orfeón o xoves 14 de agosto, despois de ver pasar pola localidade rabadense a Doa, Muxicas, Kepa Junkera, Berroguetho, Saraibas, Pepe Vaamonde, A Quenlla, Cuchufellos ou Estoupacaldeiros Rabade noutras edicións.
Este ano coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e da Comisión de festas o Rabafolc comezará ás nove do serán co pregón de Armando Morales e o estoupido de anuncio do comezo das festas de Rábade.
Tamén será recibido o Rei da Chaira coa segunda edición do CantamosCHA, unha quedada de músicos, aberto a ?todos e todas as que saiban facer ruído ordenado?. ?O maior festeiro do Imperio? será recibido ao son de catro pezas emblemáticas para a vila: ?O Caneco?, ?Quen teña viño?, ?Muiñeira de Santo Amaro? e ?Muiñeira de Lugo?. Os interesados poden inscribirse para recibir a camiseta conmemorativa.
Os Minhotos presentarán o seu disco ?Pinga d?auga? antes do concerto de Treixadura co seu Orfeón co que se pechará o Rabafolc, pero non as festas de Rábade que continuarán co concerto da orquestra Olympus arredor da unha da madrugada e que se prolongarán ata o domingo 17 de agosto coa participación das orquestras Bohemia e The Boys Machine o venres 15 e Gran Vía o sábado 16 coincidindo coa tradicional Esbatuxada no río. Young Murallas Big Band ofrecerá un concerto na tarde do domingo 17 coincidindo co día da bicicleta que abrirá a Banda de Música Municipal de Rábade e Begonte á hora do vermú.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|