Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XVII Música na Noite (Calo-Teo)
A noite de folk e rock na 17ª edición do Música na Noite celébrase no Campo de San Domingo en Calo (Teo) o sábado 5 de xullo a partir das 22.00 horas.

Música na Noite chega á súa décimo sétima edición recollendo, desta volta, nunha noite, algunhas das propostas máis interesantes do panorama musical galego. O festival, que se celebra no Campo de San Domingo de Calo (Teo) o sábado 5 de xullo, ofrecerá unha primeira parte dedicada ao folk, con dúas bandas de estilos auténticos e enraizados na música tradicional do Pais; e unha segunda con grupos punteiros no panorama musical de rock en galego.
Para esta noite, a asocación Lúa Chea, que organiza o festival desde hai case 30 anos, programou os concertos de Nao, Familia Caamagno, Habelas Hainas, Os d`abaixo e Os da Ría.

Nas inmediacións do Campo de San Domingo será posible acampar de balde e instalaranse postos de venda de comida e bebida así como produtos culturais, venda de camisolas e espazo infantil. Os concertos son gratuítos e comezan ás 22.00 horas.

O festival Música na Noite naceu nos anos oitenta para achegar a Calo a diversas bandas de folk do momento. Durante esta primeira vida, que durou ata 1996, converteuse nunha das citas máis populares do panorama da música tradicional. A asociación Lúa Chea recuperouno no 2008, desta vez apostando por celebración de noites de estilos diversos.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-07-2014 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0