Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso de Danzas de Asturias en Vigo |
|
 Sábado 5 de xullo de 10:30 a 14:30 e de 16:30 a 20:30 horas
Domingo 6 de xullo de 10:30 a 14:30 horas
No CEIP Carballal-Cabral - Freiría, nº1- Carballal (Cabral) - 36318 Vigo
Prezo: 30? (prezo reducido para socios de Monteira)
Repertorio: L?amudar (Trabáu-Degaña), Los Pollos (L.larón-Cangas del Narcea), Xota (El Corralín?Degaña), Xeringosa, Cariau (Tinéu), Xota (Suroccidente), Vals, Muñeira (Llarón-Cangas), Media Vuelta (Tinéu), Danza (Tazones-Villaviciosa), Sueltos (Tresmonte-Cangas), Rumba (Trabáu-Degaña), Xota-gallegada (Oriente), La Carrasquina, Danza (Las Tabiernas-Tinéu), Bolero (Bargaeu-Piloña), Xirandiya (Balmori-Llanes), Polka, Dancitas, Suiltu (Ayer), Danza La Madalena (Llanes)
Imparte o curso, Rosa Cuervo: Inicia a sua andadura na recuperación e difusión da cultura tradicional asturiana en 1990, colaborando dende entón en diversos colectivos etnográficos asturianos como Escontra?l Raigañu (Avilés), Na Señardá (Xixón) ou o colectivo de musical tradicional Muyeres entre outros. Na actualidade forma parte da Xunta Cultural Astur Danzaina e do Conceyu de Cultura Tradicional Vezos Astures, nos que é responsable da coordinación de contidos, actividades e formación. Participou en numerosos eventos e festivais nacionais e internacionais, e colaborou con músicos de diferentes esferas musicais. A sua formación complementaria levouna a especializarse en baile e percusión tradicional asturiana, sen descuidar outros múltiples aspectos que conforman a cultura tradicional de Asturias, sobre a que realizou diversos traballos de campo.
No obradoiro, eminentemente práctico, incluiranse breves introduccións acerca do lugar que ocupa o baile dentro da tradición oral e do ciclo vital, así como do seu acompañamento musical e vocal. Na parte práctica os participantes:
? Identificarán e interiorizarán os pasos base e estructuras coreográficas básicas, utilizando e colocando correctamente o corpo.
? Coñecerán os diferentes ritmos do baile: jotas, muñeiras, giraldillas, danzas primas, bailes xogo e bailes "a lo agarrao".
? Practicarán o canto en grupo interpretando melodías e cancións sinxelas á vez que se executan os movimientos.
Organizado pola Asociación Monteira Grupo de Danzas do Mundo, coa colaboración da Asociación Cultural O Coto e o CEIP Carballal. Para máis información: Suso, 675801817.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|