Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación do novo disco dos Minhotos
A banda de música folk de Lugo presenta o seu novo lanzamento o próximo 18 de xaneiro nunha festa concerto na capital lucense.

O grupo lucense Os Minhotos celebrará, cunha festa-concerto, o remate do seu traballo discográfico Pinga d'a Auga. A festa-concerto celebrarase mañá venres, 18 de xaneiro, a partir das 23:30 no Club Clavicembalo de Lugo. Ademais dalgunha sopresa para os asistentes os músicos interpretarán, entre outros, os temas do seu novo traballo.

Un total de doce temas compoñen este lanzamentos discográfico que pretende ser, como o nome do mesmo indica, ?unha pinga minhota que contribúe a crear ese inmenso mar das músicas feitas neste país?. Moitos dos temas interpretados son arranxos de temas tradicionais pero tamén hai temas de autor e colaboracións de instrumentistas procedentes de diversas formacións.

A banda define a súa música como un xeito propio e definido que conxuga festas, pasacorredoiras, ensaios, estudos e reflexión sobor da música tradicional galega. Os seus membros levan moitos anos adicados ao mundo da música tradicional galega, tanto no eido do ensino como no da construción de instrumentos musicais.

Na súa música combinan a estética e gusto da formación tradicional coas harmonizacións clásicas mesturando o son das gaitas e a percusión tradicionais co timbre da zanfona, o acordeón, a requinta e o clarinete; o seu repertorio e variado e alterna a música de autor coa tradicional.

www.galiciaconfidencial.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2013 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0