Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Retrouso presenta o seu disco OU na Estrada |
|
 Retrouso presenta o seu disco OU nun concerto no Principal
O traballo inclúe temas populares e composicións propias
Noelia Bouzón, Juan Constenla e Marcos Varela presentaron o concerto deste venres. miguel souto O teatro Principal da Estrada acollerá este venres ás 21.00 horas o concerto de presentación de OU, o primeiro traballo discográfico do grupo de gaitas Retrouso. A actuación será ás 21.00 horas, con entrada de balde, aínda que os asistentes deberán retirar os seus tickets na billetería do Principal para controlar o aforo. Poderán facelo desde unha hora antes do concerto. Tamén será posible conquerir as localidadades de xeito anticipado na taberna de Ouzande ou contactando co propio grupo a través do teléfono 628 113 305.
O concerto fará un repaso dos doce temas do disco e incluirá outros a maiores. OU foi grabado na Semana Santa pasada. No verán puxéronse á venda cincocentas copias que na Estrada se poden mercar na taberna de Ouzande, nas librarías Marxe e Alberte Quiñoi ou a través das redes sociais. O disco combina temas populares -coma o Alalá das mariñas- con algún de composición propia, coma Alborada e o vals Bágoas, creados polo mestre de gaita do grupo, Marcos Varela.
Retrouso naceu da man da asociación cultural A Fervenza de Ouzande, nas clases de gaita impartidas desde o 2003. Desas sesións formativas saiu no 2005 un cuarteto que foi medrando ata converterse no Retrouso que é hoxe, con doce integrantes de todas as idades, maioritariamente de Ouzande e da Estrada. En esencia, é un grupo de gaitas, con acompañamento de tambor, bombo e acordeón ás veces. No disco, a agrupación contou ademais con colaboracións de un tamborileiro, un saxo e dúas voces.
Acompañamento vocal
Miriam Bodelo -voz do grupo Os Xeitosos de Trazo- e Darío -un rapaz de Vedra de 11 anos que no disco pon voz a un arrolo de berce- participarán tamén no concerto deste venres acompañando ós compoñentes de Retrouso.
La Voz de Galicia |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|