Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
SOS DesPrestige |
|
SOS DésPRESTIGE
Por mor do 10º Aniversario da catástrofe do Prestige, varios activistas da Burla Negra regresan baixo o paraugas d´A Burla para facer lembranza daqueles días e propor un calendario de accións baixo o titulo xenerico de ?DésPRESTIGE? que reaviven a concienciación social sobre os perigos que ameazan o noso medio ambiente.
Dez anos despois daquela desfeita e do movemento social a que deu lugar, queremos facer balance da década e ofrecer unha panorámica o máis completa posible sobre a situación das nosas costas, e do estado social da cuestión, convidándovos a participar nas accións e iniciativas que iremos propondo nestes días.
Un dos obxectivos da campaña DésPRESTIGE é facer unha recompilación de diversos materiais textuais, gráficos e audiovisuais durante este décimo aniversario e pólos á vosa disposición nas diversas canles d´A Burla nas redes sociais, accesibles desde a nosa web. Se estades interesados en achegar fotos, videos, textos, etc? podedes usar o correo de A Burla Comunicación para tal propósito.
Calendario
O calendario de accións previsto é o seguinte
●30 de Novembro. Proxecto Dés-Educa-Acción. Concentración en Laxe de alumn@s e profesor@s de diversos centros de ensino galego, para rememorar a Cadea Humana organizada polo colectivo Area Negra en Xaneiro de 2003. Podedes contactar coa organización do proxecto no correo de Dés-Educa-Acción.
●1 de Decembro. Dés-Concerto Expansivo. Celebración dun concerto simultáneo en locais de toda Galiza, conmemorando o 1º Concerto Expansivo organizado por Burla Negra en Febreiro de 2003, e A Marea de Dignidade, a primeira manifestación convocada por Nunca Máis hai exactamente dez anos. Para participar no Dés-Concerto Expansivo podedes contactar a través do correo de A Burla Produción.
●28 de Decembro. Acción Colectiva. A Burla está a organizar unha acción sorpresa e colectiva para este día, décimo aniversario do Velorio do Mar na Coruña, da morte de Man, o alemán de Camelle, e do nacemento do burliño, icona da Burla Negra. Para colaborar podedes remitirnos un correo a aburla.comunicacion
www.aburla.tumblr.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|