Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nais e meniños recuperan o arte dos arrolos da man de Xabier Díaz

O cantante de Berrogüetto impartiu un obradoiro en Carballo. Máis de vinte proxenitores -nais na súa gran maioría- aproveitaron onte a oportunidade de aprender a arrolar aos seus meniños cun mestre de excepción participando no Pazo da Cultura de Carballo nun obradoiro de nanas organizado polo Concello. O músico Xabier Díaz, cantante de Berrogüetto, foi o encargado de dirixir unha actividade -que terá continuación o próximo mércores- na que recupera unha vella tradición popular para poñela a disposición das novas xeracións.

Axudado por gravacións froito de traballos recopilatorios de campo e de temas dun disco de nanas, e acompañado do seu acordeón, Díaz foi ensinando ao público presente a cantar esas composicións infantís e a aproveitar o seu poder emocional. «É importante apoiar aos rapaces no peito para que noten a vibración da caixa torácica, isto é algo que non se fai de lonxe», explicou o artista, quen destacou tamén a importancia que a música popular en Bergantiños e sinalou que algúns dos arrolos que as nais aprenderon a cantar onte proceden, precisamente, desta comarca.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-11-2012 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0