Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Folión de fachas de agucios de San Martiño de Vilelos |
|
A Asociación de veciños de San Martiño de Vilelos organiza o folión de fachas de agucios na parroquia de San Martiño de Vilelos no concello de O Saviñao.
Nestes últimos anos traballamos na recuperación desta tradición que se leva celebrando dende tempos inmemoriais. O noso obxectivo esta a ser implicar á xente nova para que non se chegue a perder a tradición. Como cada ano, ademais dos actos habituais acompañaremos o noso folión con outras actividades coma concertos a cargo de dous grupos folk:
- Zurrumalla
- A banda da Balbina
Esta cita celebrarase o día 28 de setembro a partir das 22:00 h. O principal reclamo da festa, a procesión das fachas a cima do Castro da Besta, comezará ás 00:00h. Á volta do percorrido acenderanse ás fachas máis longas que arderán ó tempo que se desenvolverán ditos concertos.
Nestes días estamos a traballar na recollida dos agucios para elaborar as fachas. Neste proceso están tamén a participar os mais xoves de Vilelos co fin de que vaian tomando contacto coa tradición.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|