O grupo "Abóbriga" acaba de gravar o seu primeiro disco "Foliada en Baiona" que será presentado en directo este venres 31 de Agosto na Praza do Concello de Baiona ás 23:00
Esta formación que actualmente está composta por 10 músicos naceu a finais do 2009 cando unha parte dos gaiteiros de Monteboi de Baiona contactaron con varios músicos para facer una colaboración nunhas actuacións informais e como o resultado os conquistou decidiuse formalizalo grupo como Abóbriga, nome co que os antigos gregos chamaban a Baiona, lugar onde naceu o grupo.
?Foliada en Baiona? recolle 16 temas que se dividen entre pezas tradicionais e de composición propia, entre as que se recollen temas como ?Muiñeira de Baiona?, ?Ximauma?, ?Pasodobre de Punta Balea? ou ?Rumba da Balsa?, Ramón Pazos comenta que ?este traballo é una homenaxe ó pobo que os veu nacer?.