Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Festival 27373 de Begonte |
|
O Festival 27373 de Begonte, reúne nun mesmo día, un festival para nenos e nenas polo día e concertos para os mozos e mozas pola noite
A Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte é a organizadora da primeira edición do Festival 27373 que terá lugar o vindeiro sábado 21 de xullo no Club Fluvial de Begonte que, amablemente, cedeu as súas instalacións para a celebración deste festival.
O Festival está dividido en dúas partes. Polo día, a programación vai dirixida aos máis pequenos. Desde ben cedo, ás 11.30 comezamos co obradoiro de Ciencia Entretida a cargo de Teatro do miolo, un xeito sinxelo de amosa-la ciencia aos máis novos. Ao remate, contaremos con Carballo con botas, un contacontos que fará as delicias dos cativos e cativas coas súas historias de xacias.
Ao mediodía haberá lugar para o descanso e para coller forzas, pois poderemos xantar grazas ao servizo de polbo e churrasco que haberá no mesmo recinto do festival. Pola tarde seguirá diversión con inchables de auga e terra, e para rematar unha divertida festa de escuma.
Pola noite, unha vez que os meniños estean durmindo, comezará o Festival de noite coa actuación de tres grupos imprescindibles para falar do panorama musical actual comprometido coa terra. Desde Ourense e a partires das dez e media da noite, contaremos co grupo Guezos, un deses grupos que sabe mesturar diferentes estilos musicais, desde o folk, ao rock ou o ska. A continuación actuarán os inclasificables Labregos do tempo dos Sputniks, proxecto do cantautor Leo e o MC García de Dios ke te crew. Para rematar a festa a descarga metaleira de Avante Rock da Galiza, compromiso e caña para un fin de festa potente.
Con este festival a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario leva a cabo un dos seus proxectos máis desexados, pois desde o mesmo inicio das actividades culturais da asociación, hai xa seis anos, a organización dun festival musical era unha das súas prioridades. Agardamos que esta primeira edición sexa un éxito e que serva de pulo para a organización de moitas máis no futuro. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|