Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Revenidas 2012 (Vilaxoan de Arousa)
Que son As Revenidas? Estritamente, sardiñas salgadas e asadas nunha grella. Así son coñecidas en boa parte do entorno da ría de Arousa e moi especialmente en Vilaxoán, unha pequena vila pertencente ao Concello de Vilagarcía onde uns dos froitos máis prezados do mar da comarca adquire unha dimensión que transcende o gastronómico dende que a asociación Repichoca decidiu ensanchar as lindes da estrita festa gastronómica. O vindeiro sábado 21 as grellas arderán no campo da festa a poucos metros da estatua que homenaxea a Pantera Rodríguez, o finado boxeador que rematou presentando o Luar, pero dende vinte e catro horas antes Vilaxoán será xa unha festa ou, mellor dito, un festival: o Revenidas 2012, que na súa novena edición amplía o seu carácter e ademáis de trouleiro e gastronómico é tamén solidario.

A unha das poucas citas festivaleiras do verán que mantén o tipo en calidade e cantidade de artistas malia á fonda crise engádese este ano unha ollada ao Sáhara que se concretará nunha jaima instalada no recinto do festival. Nese espazo recadaranse fondos para o proxecto Bubisher, que tenta instalar unha biblioteca permanente nos campamentos de refuxiados tras levar anos traballando na zona cunha biblioteca ambulante. Pero baixo a carpa non só se recadarán cartos. Tamén haberá música e teatro para nenos e maiores e poderanse achegar libros para os máis pequenos do Sáhara. Todo parte de varios dos integrantes de Repichoca, que dende hai cinco anos acollen na cada verán na súa casa a Abdel, un rapaz saharauí que xa non volverá a Galicia a través do programa Vacacións en Paz porque vén de cumprir 12 anos. A Abdel gustaríalle volver para estudar a ESO pero mentres, explican os seus acolledores, "disfruta de cada momento en Arousa".

Pero, ademais da parte solidaria, Revenidas é tamén unha fiestra á ría arousá cunha excelente banda sonora. Por unha entrada de 10 -abono en venda anticipada- ou 15 euros é posible gozar da acampada ao pé da praia, dotada con servizos como baños, duchas de auga quente ou limpeza. Coas necesidades básicas cubertas e as sardiñas no bandullo a música correrá a cargo de máis de quince grupos entre os que se atopan galegos como Os Cempés, Guezos ou O Sonoro Maxín, xamaicanos como The Skatalities, vascos como Esne Beltza ou franceses como The Booze. Iso será pola noite, porque durante todo a xornada do sábado, ademais da parte gastronómica quen se achegue a Vilaxoán terá á súa disposición actividades de balde como teatro, clown, percusión ou charangas.

Dende a asociación organizadora un dos seus membros, Xoán Quintáns, sinala que "este tipo de festivais custa moito esforzo e cartos", concretamente, "máis de 50.000 euros" e por iso "precisamos o apoio de todos e todas, entidades públicas, privadas e público". Nesta liña, o alcalde vilagarcián, Tomás Fole, amósse convencido de que "os festivais que sobrevivirán a esta profunda crise serán os que se apoien" nesas "catro patas". "Revenidas está de sorte", abonda Chito Barreiro, tamén membro de Repichoca, xa que "cumpre con todos os requisitos". Dito isto, a Revenidas só lle faltaría unha cousa que semella ben difícil de atopar: unha escusa para non ir.

www.praza.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 20-07-2012 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0