Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Carlos Núñez e a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) na Coruña
Carlos Núñez e o director da OSG Víctor Pablo Pérez ofrecen o 28 de xuño un concerto na Coruña
O gaiteiro Carlos Núñez e o director da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), Víctor Pablo Pérez, ofrecerán o próximo 28 de xuño, no Pazo da Opera de A Coruña, un concerto xunto ao conxunto orquestral galego, segundo informa nun comunicado a OSG.

"Non é a primeira vez que a Sinfónica de Galicia une ao son das súas cordas ao dunha gaita --as de Cristina Pato, Susana Seivane e Mercedes Peón-- nin a primeira vez que Carlos Núñez ofrece coa agrupación orquestral un concerto --Xacobeo 2011, en Santiago de Compostela--, pero si a primeira ocasión na que o fai ao lado de Víctor Pablo Pérez", explica o conxunto orquestral.

«É unha gran posta en escena: clásica, rock, música celta e bandas sonoras». Así presenta Carlos Núñez o concerto que ofrecerá esta noite, 20.30 horas, no Palacio da Ópera da Coruña, coa Sinfónica de Galicia, «unha orquestra que conseguiu para os galegos ser un motivo de orgullo como o fútbol».

-Francia, Irlanda, Brasil... é difícil seguirlle a pista.
-Hai pouco estivemos en Nantes presentando o documental Brasil somos nós e veu un señor, coa súa muller, a felicitarme, que lle gustou moito. Era Jean-Marc Ayrault, que agora resulta que é o primeiro ministro de Francia, e así coñeceu Galicia. A Dublín imos todos os anos a tocar polo San Patricio e vén o presidente de Irlanda.

-¿Galicia vende fóra?
-Galicia ten moito que dicir. Somos ponte natural con Irlanda e de aí con Estados Unidos. Hai que romper eses tópicos de sol e touros e co turismo dar a coñecer esta parte atlántica. Xa lle gustaría ao flamenco encher estadios como facemos os músicos celtas.

-¿Prepara novo disco?
-En Nadal sairá Discover Carlos Núñez, unha antoloxía froito dos quince anos de traballo.



O encontro terá lugar o xoves, 28 de xuño, no Pazo da Ópera de A Coruña ás 20.30 horas e cun repertorio que inclúe obras de Davey, Terashima, Gaos, Sarasate, Rodrigo, Moloney, Amenábar, Sakamoto e o propio Núñez.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-06-2012 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0