Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Loaira en Compostela
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este xoves 14 de xuño, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago de Compostela o último concerto da cuarta entrega do ciclo de concertos promocionais ST Música Presente, que pecha o trío Loaira cun directo no que soarán os temas do seu debut discográfico homónimo.

Clara Pino (arpa celta e voz), Rubén Abel (guitarra) e Roi Adrio (percusións) achegan a súa destacada bagaxe profesional, tanto no ámbito da música clásica como no da folk, a un proxecto conxunto no que apostan pola música de autor e pola procura de sons novos e versátiles que, porén, beben directamente da música tradicional galega. Deste xeito e partindo das raíces, o trío ofrece unha mestura de ritmos e melodías que van desde o swing ata a bossa nova, pero recalan tamén na música de reelaboración en temas como Alalá do vikingo.

A súa proposta musical está, ademais, intrinsecamente ligada á literatura, con letras sumamente coidadas, escritas neste caso xunto coa poetisa Mariña Pérez. Esta vinculación co ámbito literario esténdese tamén á súa colaboración co sociolingüista e novelista Manuel Portas, quen encargou a Loaira a musicalización do espírito dos personaxes que habitan o seu último libro, Un dedo manchado de tinta (Xerais, 2011). O resultado foi un cd con seis temas, que acompaña a edición desta novela ambientada en Santiago de Compostela.

Tres destacadas traxectorias artísticas
Editado en 2011 polo selo Sons Galiza Música, o primeiro disco de Loaira foi gravado case como un directo, ao que se lle engadiron recordings de guitarra, constituíndo pese a súa sinxeleza un traballo compacto e ben estruturado. Tal e como explica a discográfica, isto foi posible grazas á gran calidade e experiencia dos seus integrantes, que nos tres casos contan cunha destacada traxectoria artística ben como solistas, como no caso do galardoado guitarrista Rubén Abel, ben como membros doutros coñecidos grupos: Clara Pino co dúo Sete Saias e con Covalblú, e Roi Adrio con Faltriqueira e Quempallou, entre outros.

A venda anticipada de entradas para esta última cita de ST Música Presente está dispoñible a través da billeteira da web de Novagalicia Banco e do teléfono 902 43 44 43. Tamén poden adquirirse no despacho de billetes do Salón Teatro, que abre ao público dúas horas antes do comezo do concerto. As localidades teñen un prezo especial único de 5 euros.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-06-2012 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0