Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XII edición do Foliada e Romaría do Lecer
Un ano máis a Asociación Cultural Xacarandaina celebrará a súa XII edición do Foliada e Romaría do Lecer.

Gustaríanos que o celebrarades con nós. Será o sábado día 16 no anfiteatro do parque de Santa Margarida na Coruña.

Este ano tiñamos pensado facer unha foliada infantil a partires das 18h no mesmo lugar. Poderán participar grupos (tanto pandereteir@s, coma gaiteir@s) con nenos ata 16 anos.

Os grupos da mesma Asociación, entidade, colexo?actuarán na mesma quenda. Únicamente teredes que mandar un mail a info@xacarandaina.com co nome da entidade, número de participantes e número de pezas a interpretar. Cada grupo terá como máximo 30 minutos no esceario e deberá presentar as pezas a interpretar.

Para a foliada de maiores, a partir das 21 horas, terá que facerse o mesmo proceso: mail co nome da entidade, número de pezas a interpretar e número de componentes. O tempo será o mesmo, 30 minutos por entidade.

En ambalas dúas foliadas, infantil e maiores, actuarán en primeiro lugar os grupos da A. C. Xacarandaina.

Teredes ata o día 11 de Xuño para inscribirvos.
Animádevos!!!

Un saúdo
Asociación Cultural Xacarandaina
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-06-2012 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0