Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chega o primeiro disco dos `Irmandiños de Vincios´
Logo de máis de sete anos de presentacións por toda Galicia, Os Irmandiños de Vincios rexistraron 16 dos seus mellores temas nun disco que terá luz pública na primeira quincena de xullo. O título da obra prima non podería ser outro: "Monte Galiñeiro".

O disco atópase nestes intres finalizando a post produción, segundo informaron a Valminor.info, Ismael, Javi e Moreno -tres dos oito Irmandiños- nun encontro mantido na Casa da Cultura de Vincios. Tarefa nada sinxela -despois de 80 horas de gravacións- que desenvolven xunto co produtor executivo do disco, Xusto Molejón de produtora InqueDanzas sonoras. O CD recolle nove temas propios, dúas pezas tradicionais con arranxos de Javi (o compositor e director musical da banda), dous remexidos e o Pasodobre do Can, composición de Ignacio "Nacho" Troncoso, actual concelleiro de Cultura de Gondomar e ex-gaiteiro da agrupación.

O disco foi autofinanciado polo grupo a través das súas actuacións.
Da conversa co grupo queda claro que Monte Galiñeiro é moito máis cunha recompilación dos temas que Os Irmandiños ofrecen nas súas frecuentes visitas aos escenarios folc de Galicia. Os nove temas propios, produtos creativos de Javi , reflicten as vidas e historias dos homes e mulleres que habitan e habitaron ese cacho de país con corazón musical que é Vincios. Proba diso e a foliada Festa dos canteiros, onde na súa letra os Irmandiños recrean as andainas destes mestres da pedra que encheron Galicia coas súas obras. A peza recolle unha festa tradicional do oficio, que celebrábase en Vincios cada 3 de maio.

Noutra peza, Xota para Chicho, a banda homenaxea ao gaiteiro Secundino de Chandebrito, mestre que deixou a súa pegada na zona e responsable da introdución da cana, na orquestación dos Irmandiños de Vincios.

O artellar de cada peza amosa unha faciana que identifica ao grupo: a súa paixón e respecto polo patrimonio musical do que son portadores. Pescudas históricas de músicas e cantigas, moitas delas recollidas da tradición oral, son logo recreadas paseniño á luz do estilo interpretativo dos Irmandiños.

Adianto dos temas do álbum Monte Galiñeiro.
Os Irmandiños adiantan que o pasodobre Monte Galiñeiro (Javi), que da nome ao disco abrirá o traballo. Os outros temas compostos por Javi son Foliada sacra, cunha letra creada a partir do libro "Cantigas e refráns da Ribeira Sacra"; Valse das estrelas (instrumental); o pasodobre O pachangueiro (instrumental); a muiñeira A Areiriña (isntrumental); a polca Polkería (instrumental); a foliada Festas dos Canteiros; o pasodrobre Os Chaínas (cunha letra con toque de humor sobre a vida dunha "familia trapalleira"); e a rumba A nosa.



O disco tamén inclúe dous temas tradicionais con arranxos de Javi, A Xota de Meder (recollida en Salvaterra pola profesora de pandereteiras de Vincios ), e a Muiñeira de Fofe (recollida pola mesma profesora en Mondaríz). A estes agrégase o Pasodobre do Can, composto por Ingancio Troncoso. Completan o disco os remexidos Xa non te quero/Entrenzado de Allariz (muiñeiras) e Das areiras/Pachín Pachín (pasodobres).

As expectativas do grupo é que Monte Galiñeiro estea na rúa no transcurso da primeira quincena de xullo. Aínda que a súa presentación oficial está prevista para setembro, Os Irmandiños seguramente interpretarán algúns dos temas nas presentacións previstas para este verán. Entre elas, o vindeiro mes de agosto cando compartan escenario en Gondomar coa célebre gaiteira Susana Seivane.

Os Irmandiños de Vincios.
A agrupación naceu cunha tradicional formación gaiteira (dúas gaitas, tambor e bombo) entre os anos 2004 e 2005. Co tempo, a banda foi mudando algúns dos seus integrantes, ata chegar nos últimos catro anos á formación actual:

Rosa (Vincios) saxo soprano, percusións varias e voz.
Paula (Vincios) percusión.
Ana (Vincios) clarinete e percusión.
Gonzalo (Vincios) Bombo con platos.
Ismael (Vincios) Acordeón diatónico e voz.
Félix (Vigo) gaita, percusión e voz.
Javi (Vincios) tamboril, percusión , voz e arranxos.
Moreno (Coruxo) gaita e voz.

Todos eles vencellados na actualidade ou no pasado a outras expresións musicais da parroquia como a Banda Musical de Vincios (Rosa, Ana, Ismael, Javi e Paula) ou o Coro Tradicional Cantares do Brión (Ismael, Rosa, Moreno e Félix).

"O facemos por lecer", afirman os membros do grupo. Sinalan que "non vivimos desto", mais amosan unha verdadeira profesionalidade á hora de artellar as súas composicións como a posta en escena das mesmas.

Ficha técnica de Monte Galiñeiro

Gravación: Muu! Estudos (Vigo). Entre o 27 de febreiro e o 5 de maio de 2012.

Técnicos de son: Pali e Pedro Feijóo
Deseño Gráfico: David Rodríguez (Vigo)
Ilustracións: Paula (Irmandiños de Vincios)
Texto presentación: Xosé Manuel García Crego (Coro Tradicional Cantares do Brión)
Post Produción: InqueDanzas Sonoras (Vigo)
Productor Executivo: Xusto Molejón - Irmandiños de Vincios.

www.valminor.info
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 07-06-2012 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 #blgtk08#
Comentario por ana claudia lopes (21-11-2012 02:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0