?Hostias para todos? é o novo traballo da Terbutalina. Gravado a comezos do 2012 en Portugal en cuestión dunhas horas, reflicte segundo o grupo de Muros o que califica o seu son: ?sinxelo e suxo?.
É, tamén, o primeiro traballo da Terbutalina coa súa actual formación, de cinco membros. As composicións continúan na liña do ?gastropunk? amosado en ?Broncodilatador?, o seu primeiro LP. Son sete cancións dun ton máis escuro no que hai desde punkeiradas como ?Picolo (vas de verde)? ou ?O teu corpo pide jerra? a outras alternativas, como ?Xira Funeraria? ou ?Suisidarse?. Tal e como afirman os Terbutalina, este traballo pode resumirse en tres palabras: ?Estupidez, fame e velocidade?.
O disco publicarase o vindeiro 24 de maio. Poderase descargar de balde desde o BandCamp da propia banda e desde outras plataformas habituais. Lucirá capa deseñada por Arinspunk e o videoclip do tema ?Suisidarse? acompañará a súa presentación.
A Terbutalina nace entre Ventín, Muíño do Vento e Esteiro (condados do estado de Muros) no 2010. Ex-membros de grupos como THE, Metralla, Skaiola Borrokal ou Süiss dan en se xuntar, tirar para adiante e elaborar unha recua de temas a medio camiño entre o rock de garaxe, o punk e outros sons.