Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aldán volve vestirse de gala (Cangas do Morrazo)
A Danza de San Sebastián ten lugar cada 20 de xaneiro en Aldán, parroquia do concello de Cangas do Morrazo

A danza e contradanza en honra ao santo bailarase como todos os anos en tres ocasiones, a primeira e máis cerimoniosa no atrio, tras a misa das 12.30, coa procesión ao redor do templo. Os danzantes fan as venias mentres San Sebastián, acompañado da Virxe da Carmen, sae da igrexa, pedindo así permiso para un baile que protagonizan 5 mulleres, e 10 galáns baixo as ordes dun guía e ao son dun gaiteiro e un tamborileiro. O pequeno atrio, aínda pendente do demandado arranxo, faise pequeno para tanta avalancha de xente. O día é festa en Aldán e en moitas casas cúmprese coa tradición de reunir á familia. Ao carón, o Pazo dos Condes de Aldán, que neste día abríase hai anos para que damas e galáns bailasen no xardín, permanece agora pechado.

O segundo dos bailes é en O Torreiro, ao cinco da tarde, cumprindo coa mesma tradición de hai anos. E despois repítese na alameda, a última localización que se incorporou á danza cando a asociación que se encarga de velar polo seu mantemento, decidiu deixar de bailar dentro do pazo.

A danza é festa de interese turístico desde fai sete anos e mantense viva desde 1678. As propias familias da parroquia foron as que fixeron posible que este baile perdurase no tempo ao pasar como unha "herdanza" de pais a fillos. De feito dentro do grupo bailan pai e filla como é o caso de Antonio Docampo, o guía, e a súa filla Pilar que o fan desde hai anos. Como novidade, este ano, no grupo incorpórase unha muller, Irene Carballo, filla do desaparecido Antonio Carballo.

O párroco de Aldán, Juan Pego, estará de novo oficiando a misa, á que adoitan acudir tamén outros sacerdotes invitados e vinculados por nacemento á parroquia. O ano pasado fíxoo o párroco de Ponteareas, Eugenio Nerga.
Na danza e contradanza, ademais dos propios pasos da muiñeira que xa lle dan beleza, súmase a vestimenta chea de contrastes. As mulleres bailan con altos chapeus de flores de cores e cintas tamén multicolor caendo sobre as costas e enredando cunha longa trenza de pelo. Sobre os seus ombreiros locen bordados mantones de Manila, camisa tamén bordada, branca, con voltas e voltas de colares rechamantes e saia longa con enaguas, branca e con mandil negro.

Os homes, por contra van de negro, chapeu, e castañuelas nas mans coas que marcan tamén os pasos da muiñeira. A danza, que dura uns 45 minutos báilase co guía á fronte, e as damas e galáns formando tres filas. O baile empeza lento, até case monótono, e vai collendo forza a medida que transcorre o tempo, con punteos e voltas ata que a danza acaba en contradanza.
No fondo esta festa, que hoxe parece máis pagá, segue conservando un marcado carácter relixioso, mesmo das propias persoas que bailan. moitas o fan por ofrecemento e unha promesa ao santo.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-01-2012 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0