Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Música sen distancias |
|
O Festival Cantos na Maré une en Pontevedra a cinco grandes voces de tres pasíses e sela a súa novena edición cun irresistible éxito de público
Que as case 800 entradas das que dispón o aforamento do Pazo da Cultura de Pontevedra esgotásense con días de antelación, dá conta do alto nivel de expectativas que rodeaban á 9ª edición do Festival Cantos na Maré, unha cita musical ao redor das culturas lusófonas creada e dirixida pola cantante Uxía Senlle, celebrada a noite do pasado sábado. Por iso, as primeiras palabras da anfitrioa, pronunciadas ante un auditorio abarrotado, entre o que sentaron actores como Carlos Branco, músicos como Xosé Manuel Budiño, artistas como o pintor Antón Sobral e cargos políticos e da administración, como o viceportavoz de Encontro Irmandiño e alcalde de Teo, o nacionalista Martiño Noriega, foron para agradecer esa confianza a un público que describiu como "fiel, cómplice e implicado".
"Nos tempos que corren, este festival é un milagre", afirmou Senlle, despois de abrir o recital acompañada polo invitado "da casa", o músico e actor da Fonsagrada, Xoán Curiel, conmovido pola invitación a un festival ao que tantas veces asistira "sentado alén do escenario".
Á parte das excelencias dos artistas que compuxeron o cartel, a interpretación do conxunto instrumental foi máis aló do meritorio, sobre todo cando se coñece o escaso tempo dispoñible para os ensaios previos.
Baixo a dirección musical do pianista azoriano Paulo Borges, o quinteto non só resolveu con eficacia a contextualización de temas de cada un dos participantes (ademais de Senlle e Curiel, a brasileira Socorro Lira, o portugués Carlos do Carmo e a caboverdiana Mayra Andrade), senón que tamén soubo crear as atmosferas oportunas para encontros festivos como o de Senlle, Lira e Curiel, e tan vibrantes como o que protagonizaron Andrade e Do Carmo, dúas grandes voces separadas por varias xeracións e unidas no fado Um homem na cidade. A súa unión no escenario, e as palabras iniciais da moza cantante -"é incrible que poida falar con todos vostedes na miña lingua materna e saber que me entenden"-, sintetizan o que é Cantos na Maré desde hai unha década. Aínda Andrade, toda unha celebridade no ámbito da world music no seu primeiro concerto en Galicia, levaría outra das grandes ovacións da noite cando, xa no bis, lembrou a artista caboverdiana recentemente falecida Cesária Évora interpretando, entre bágoas, a súa Saudade.
Outro tributo da noite foi para Isaac Díaz Pardo, a quen Uxía dedicou a peza Alalás encadeados, sobre uns versos inéditos do poeta Uxío Novoneyra. O virtuosismo nas cordas do guitarrista brasileiro Sérgio Tannus redondeou a homenaxe, que foi seguido polo patio de butacas. A alegría e a naturalidade de Lira, quen achegou a tradición musical do nordeste brasileiro tiveron un desenfadado paralelismo na actitude bromista de Do Carmo.
Tras un aspecto serio e circunspecto, vestido con traxe e gravata, aos poucos minutos de pisar o palco, o fadista desatou as gargalladas dos seus compañeiros de escenario e as do público cunha serie de comentarios desternillantes sobre o propio evento e a incorporación de ritmos brasileiros ao seu repertorio. "Isto é unha tolemia... Que sexa o que Deus queira", exclamou entre risas antes de dar paso a Lisboa, menina e moça, coa banda ao completo. Seguidamente, chamou a Senlle ao seu lado para cantar con ela o fado Gaivota, no que brillaron a gran calidade e tesitura de voz de ambos. Despois de dúas horas e media de música, ninguén parecía querer irse cando chegou o final.
Na despedida, Senlle prometeu sorpresas para conmemorar dun modo especial o dez anos de Cantos na Maré, o próximo ano 2013. Quizá puidese ser a ocasión idónea para rescatar inesquecibles actuacións que han ir deixando todas as edicións do festival, polo que xa pasaron Lenine, Paulinho Moska, Mozo Cesar, Waldemar Bastos, Ugia Pedreira, Mercedes Peón, Guadi Galego e Xabier Díaz, entre outros artistas.
Nos próximos días, a emisora Radio 3 de Radio Nacional de España emitirá un programa especial sobre o concerto con actuacións gravadas en directo e entrevistas.
www.elpais.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|