Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Schubart co Proxecto Florencio |
|
A INVESTIGADORA SUIZA VISITA O PROXECTO
Este sábado 17 de decembro os integrantes do Proxecto Florencio, 14 músicos que están a preparar o seu repertorio baixo a dirección musical de Germán Díaz, recibiron unha visita moi especial no local de ensaio, o Centro Social Municipal de Fingoi. Foi a investigadora suiza Dorothé Schubart -entrevistou e gravou a Florencio no 1979- que estes dias se atopa en Galiza. A musicóloga, autora do cancioneiro máis completo e rigoroso xunto ao filólogo Antón Santanmarina, compartiu os primeiros pasos deste proxecto que acaba de comezar os ensaios para en verán facer os concertos de presentación. Tamén, Dorothe Schubart estivo este luns nas aulas do CS A Trisca en Santiago onde se imparten algunhas das especialidades da Escola Livre da MPG.
Dorothé Schubart Estivo escoitando o ensaio e despois mantivo unha longa conversa co equipo de traballo sobre a súa experiencia con Florencio.
Dorothe gravou a Florencio en 1979 (el morreu no 1986), na Fontaneira, na casa onde el vivía naquel momento, e ten máis de 3 horas gravadas daquel encontro. Apuntou que Florencio tiña un xeito peculiar de tocar, moi persoal, sempre cunha pincelada humorística cara o público que estaba con el.
www.folque.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|