Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Machina grava novo disco |
|
 A banda cercedense volve ós estudios para gravar un novo disco que será producido por Pablo Iglesias e que sairá á luz en marzo do 2012
Tras máis de dous anos dende que foi publicado o Post-Bravú, e despois de colaborar nos directos e traballos de grupos da comarca, Machina volve ós estudios para gravar un novo traballo discográfico.
O novo disco da banda de Cerceda, que sairá á luz en marzo do 2012, será producido por Pablo Iglesias, responsable de discos de bandas como Kannon, NDNo, Hora Zulu, The Dismal, Elecktra, Lagartija Nick, Killer Barbies, The Blows?
Este disco suporá o 3º traballo discográfico de Machina, logo de ?Acouga?(2007) e ?Post-Bravú? (2009).
A gravación levarase a cabo en Vigo durante este mes de decembro e o disco contará con algunha que outra sorprendente colaboración que polo momento non se pode adiantar.
Neste novo disco, a actualidade queda patente nunhas letras que conteñen maior crítica social, acorde ós conflictos actuais, e sempre dende un punto de vista reflexivo, convidando ó ouvinte a que pense sobre a situación.
www.komunikando.net |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|