Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista con Nordestinas
Nordestin@s, o grupo formado no 2006 por Guadi Galego, Ugía Pedreira e Abe Rábade, disólvese. E faino rememorando o seu inicio cun concerto en Santiago no lugar onde gravaron o seu único disco, co que tiveron un éxito que só fixo ampliar o amplo currículo que tiñan os tres en solitario. Ugía Pedreira está de viaxe e son os seus compañeiros os que dan conta do adeus.

-¿Por que non continúan?
-A.R. Porque motu proprio démonos conta de que o proxecto está esgotado, por como concibimos a nosa carreira musical os tres. Para que algo teña principio, desenvolvemento e final hai que estar abertos a saber ver as cousas. Parécenos moi bonito poñerlle final co este bo talante que temos os tres neste momento.

-G.G. Totalmente de acordo, foi algo consensuado.

-O proxecto cara a fóra só tivo un disco: ¿non queda pequeno?
-G.G. É un proxecto temático e nace dun obxectivo que eran as músicas nordestinas, o repertorio mariñeiro do Norte, ao que queríamos darlle outra visión co piano de Abe. Teriamos que buscar outro. As circunstancias nos levaron por camiños distintos e en vez de esgotar ata que isto morrera, decidimos matalo nós.

-A.R. A enerxía focalizada das tres persoas do proxecto non é a mesma. Aínda que haxa moitas cancións, na vida, nos amores, nos desamores, hai fases. Hai que saber observar o que duran as cousas coherentemente. Antes de que houbera calquera diverxencia forte a nivel artístico, ou persoal, que nunca se sabe, hai que observar as cousas, e coa mesma enerxía e ilusión coa que un inicia un proxecto, hai que saber pechalo. É un exercicio de madurez.

-¿Que salvades?
-G.G. Eu todo. Nordestin@s foi un dos proxectos nos que máis aprendín de min mesma, dos meus compañeiros e da música, e co que máis me divertín. Non lembro un concerto ao que non subira e baixara contenta.

-A.R. Estou totalmente de acordo. Para min supuxo unha instrumentación moi diferente e tivo desde o primeiro momento unha compoñente de reto bastante grande. Estar espido cun piano acompañando dúas voces é algo moi diferente ao que facía un pianista de jazz máis convencional, como podería ser eu antes.

-¿A que vos ides dedicar?
-A.R. A seguir a carreira musical que defendemos cada un de nós. Tamén quero dicir que o feito de que Nordestin@s remate non quere dicir que Guadi, Ugía e máis eu non volvamos facer cousas xuntos, segurisimamente volveremos. Iso si, será outra cousa, non será Nordestin@s.

-G.G. A clave de Nordestin@s era o proxecto, iso non significa que non podamos xuntarnos para facer surdestinas, ou centrodestinas, pero será outro proxecto.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-12-2011 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0